CONVÉRTETE EN MECENAS

A Asociación de Peregrinos Musicais é unha asociación sen ánimo de lucro que leva máis de 12 anos impulsando a carreira de novos músicos galegos, españois e internacionais.

O Festival ten unha xira de máis de 10 anos, por el pasaron máis de 120 músicos que comezaron a súa traxectoria artística e moitos outros cunha consolidada e longa traxectoria internacional.

Musical Pilgrims realiza ao longo do ano uns 40 concertos por toda a comunidade autónoma de Galicia.

Para desenvolver a súa actividade conta con diferentes e importantes institucións que apoian a asociación como: Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, O Teu Xacobeo, Festival Peter de Grote.

Dende Peregrinos Musicais convidámosvos a formar parte da nosa Asociación para darlle a oportunidade á nova xeración de músicos a comezar a súa carreira artística.

Convértete en mecenas facendo unha doazón para o XIII Festival Peregrinos Musicais, que terá lugar en Santiago de Compostela no ano 2023, facendo un donativo na conta da Asociación.

  • Número de conta: ES72 0073 0100 5805 0627 3783
  • Concepto: “XIII Festival de Peregrinos Musicais”
  • Para: Asociación de Peregrinos Musicais