Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia nace como un ambicioso proxecto cultural en Santiago de Compostela no ano 1996 con Helmut Rilling como o seu director titular. Formada por medio centenar de músicos está considerada como unha das grandes formacións musicais de España. 

O suízo Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o novo director titular e artístico da RFG e Maximino Zumalave o seu director asociado, cargo que ocupa desde os inicios da orquestra. Desde 2020, a portuguesa Joana Carneiro é a principal directora invitada da formación.  

Os obxectivos da RFG céntranse na difusión da música clásica en todo o territorio galego, coa prioridade de buscar sempre as máis altas cotas de excelencia artística a través da colaboración con directores/as e instrumentistas do máis alto nivel e cun firme compromiso na estimulación do talento e a formación musical de nenos e novos. 

Na actualidade, a Real Filharmonía de Galicia consolídase como unha das iniciativas musicais galegas máis importantes e recoñecidas, empeñada na procura de sinerxías con outras institucións culturais nos ámbitos rexional, nacional e internacional e na difusión da cultura que se fai en Galicia máis aló do noso territorio. Desde os inicios do festival, todos os concertos da RFG con Peregrinos Musicais foi dirixidos por Maximino Zumalave.