Festival 2023

Programa 2023

O XIII Festival Peregrinos Musicais celebrarase entre o 29 de xuño e o 14 de xullo. As sesións combinarán as actuacións das novas promesas da música de cámara con concertos de recoñecidos artistas de talla internacional.

Esta nova edición, que se amplía a tres semanas, chega cargada de novidades. Entre elas, o reforzo na súa aposta polo talento galego e por achegar a música clásica ao público xeral

Para iso, no seu Concurso Internacional de Novos Intérpretes incorporou unha praza específica para talentos da comunidade autónoma. Dado o elevado nivel dos intérpretes da rexión, ademais de atoparse entre os elixidos dous galegos, creouse tamén un recoñecemento específico ao Mellor Intérprete galego.

Ademais, o XIII Festival Peregrinos Musicais contará cun programa en homenaxe a Sergei Rachmaninoff. Coincidindo cos 150 anos do seu nacemento, poderanse escoitar obras virtuosas de recoñecido compositor, que farán as veces de fío condutor destas tres semanas de música clásica.

O programa conta cun total de 7 concertos, que se desenvolverán en distintos puntos de Compostela e tamén en Ames, onde os gañadores do certame ofrecerán unha actuación no Pazo da Peregrina. Trátase dunha localización que ata a data non se incluíu no festival e que tamén supón un plus para o mesmo.

Xornada cidadá

Por outra banda, o programa incorpora unha iniciativa sen precedentes: a xornada ‘Música nos Balcóns’. Un novo proxecto que levará aos mozos solistas internacionais a tocar a pé de rúa, realizando un percorrido por catro edificios emblemáticos localizados entre a Praza do Toural e a Praza de Praterías, atravesando a Rúa do Vilar. Deste xeito, o Festival Peregrinos Musicais achegará literalmente a música de cámara á poboación compostelá e aos centos de persoas que visitan Compostela todos os veráns. A xornada finalizará noutro espazo emblemático, o Hostal dos Reis Católicos, onde se poñerá o broche de ouro a unha tarde chea de música clásica.

Unha das xornadas centrais terá lugar o 11 de xullo co tradicional concerto da Real Filharmonía de Galicia. Nel, os novos intérpretes participarán como solistas interpretando obras de diversa índole, acompañados por unha formación de tanto prestixio como esta.

Aquí podes consultar o programa completo do XIII Festival Peregrinos Musicais. Todas as actuacións incluídas no mesmo son de carácter totalmente gratuíto.

PROGRAMA XIII FESTIVAL PEREGRINOS MUSICALES (poner el calendario o el programa todo seguido. Acompañar con el cartel del festival)

  • 29 de xuño-Teatro Principal (20.30 horas): concerto “Na memoria dun gran artista”, con Diana Poghosyan (violinista) e Jorge Suárez (cello)

https://www.escuelasuperiordemusicareinasofia.es/alumno/diana-poghosyan-mirzoyan

  • 30 de xuño-Teatro Principal (20.30 horas): concerto de Dúo Degas: Chistiakova & Benocci piano duo

https://diegobenocci.it/

http://galachistiakova.com/

https://www.facebook.com/ChistiakovaBenocciPianoDuo

  • 7 de xullo: xornada de ‘Música nos Balcóns’
  • Praza do Toural – Balcón de la Fundación Eugenio Granell (17.00 horas): actuación de Pablo López (clarinete) e Nerea Arriola (violín)
  • Rúa do Vilar – Café Casino (18.00 horas): actuación de piano a seis mans con Sofía Zholobova, Yuri Durán e Cristina Bernal.
  • Rúa do Vilar – Balcón Fundación Torrente Ballester (19.00 horas): concerto de Jorge Suárez (cello)
  • Praza de Praterías – Balcóns Casa do Cabido (20.00 horas): actuación de Emanuel Sint (Fagot), Nerea Arriola (violín), Pablo López (clarinete) e Jorge Suárez (cello)
  • Praza do Obradoiro – Hostal dos Reis Católicos (21.00 horas): concerto final de todos os laureados no Certame Internacional Peregrinos Musicales. Haberá unha obra de piano a seis mans con Stefano Visintainer como pianista colaborador.

 

    • 9 de xullo – Pazo da Peregrina, Ames (21.00 horas): concerto de laureados no Concurso Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales.
  • 11 de xullo – Auditorio de Galicia (20.30 horas): concerto dos gañadores do Certame Peregrinos Musicales coa Real Filharmonía de Galicia

http://www.rfgalicia.org/es/

https://es.roger-morello-ros.com/

Próximos concertos:

Festas do Apostol

  • 27 de xullo: Jorge Suárez, cellista. Praza de Mazarelos, 20:30 h
  • 28 de xullo: Ensemble Barroco,  Praza de Mazarelos, 20:30 h
  • 29 de xullo: Ensemble CSKG,  Praza de Mazarelos, 20:30 h
  • 30 de xullo: MiKhail Zemtsov Dúo, Praza de Mazarelos, 20:30 h