Poderán participar no certame todos os músicos de calquera nacionalidade que non teñan cumpridos os 24 anos no momento de remate do prazo de inscrición.

Ata o 1 de maio estará aberta a inscrición para o XII Certame Internacional de Peregrinos Musicais

Haberá seis gañadores

O premio consiste na participación en diferentes concertos do Festival, entre eles un como solista coa Real Orquestra Filamónica de Galicia.

O público asistente será o encargado de entregar o premio do público, 1.000 €.

O xurado está formado por músicos de recoñecido prestixio internacional.