FINS

A asociación proponse, sen ánimo de lucro, a consecución dos seguintes fins:
  1. Co fin último de incorporar as distintas culturas musicais á cultura musical española, esta asociación exponse levar a cabo diversos proxectos musicais.
  2. Promover e apoiar aos novos talentos musicais que residen e fórmanse en Galicia e que están a piques de emprender a súa propia carreira musical.
  3. Unir a mozos solistas de España e outros países europeos que representen o maior nivel de excelencia profesional e que será avaliado por unha comisión musical independente.
  4. Establecer un vínculo forte entre as culturas dos países participantes e que este fortaleza a interacción creativa dos músicos que participen nos seus proxectos de formación e impulso da música clásica.
  5. Crear eventos en diferentes contornas de participación que sirvan para fomentar a inspiración, novos descubrimentos creativos e experiencias inesquecibles.
  6. Promover a colaboración entre diversas asociacións con obxectivos afíns.
  7. Realizar unha importante contribución á educación internacional e ao desenvolvemento das relacións culturais a través da música clásica.
  8. Creación duns premios especiais e na que se convide a participar a outras asociacións afíns para promover o seu concurso noutros festivais cuxos fins sexan similares ou que se interesen pola proxección internacional da música clásica.
  9. Impulso de cursos intensivos de educación auditiva, música de cámara, orquestra e arte dramático, que terán un enfoque especial facía a técnica e a súa aplicación, o estudo eficaz da música e os seus diversos aspectos interpretativos.
  10. Programar viaxes culturais ao redor da música clásica para o enriquecemento cultural e formativo dos participantes nos programas e eventos impulsados desde Peregrinos Musicais.
  11. Dar a coñecer o Camiño de Santiago desde a música clásica.
  12. O mantemento e soporte informativo das actividades de Peregrinos Musicais a través da web: www.peregrinosmusicales.com como lugar de encontro.