Piano

Vadim Gladkov graduouse na Academia Nacional de Música “P. I. Tchaikovsky” de Ucrania, obtendo o Diploma de Solista con Mención honorífica. Despois completou a súa formación na “Escuela Superior de Música Reina Sofía” baixo a dirección do Prof. Dimitri Bashkirov.

É gañador de numerosos Concursos Internacionais, entre os que destacan o Gran Premio no IX Concurso Internacional de Piano “Da Cidade do Porto”, o Primer Premio no XII Concurso Internacional de Piano de Ibiza e o Primer Premio e Medalla de Ouro no I Concurso Internacional “N. Lysenko” (Kiev).

Gladkov actuou en Festivales de Toledo, Girona, Sant Feliu de Guíxols, Encontro de Música e Academia de Santander, Reims, Colmar, San Petersburgo, Oslo, Kronberg, Montreux-Vevey, Guildford entre outros e ofreceu concertos no seu país, Ucrania, así como en Alemaña, Bulgaria, Eslovaquia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Holanda, Inglaterra, Italia, Xapón, Marruecos, Mongolia, Portugal, República Checa, República Dominicana, Rusia, Túnez e Suiza, tocando nas salas da talla de Santory Hall, Royal Albert Hall, Concertgebouw, Rudolfinum, Auditorio de Zaragoza, Teatro Real de Madrid, Palacio de Festivales de Cantabria, etc. En Madrid tocou un recital (“Homenaxe a Rostropovich”) con Natalia Gutman.

Formou parte de xurados de numerosos cursos de piano e impartiu clases Maxistrais en España (Conservatorios de Cartagena, Palencia, Alcalá de Henares, Universidade Internacional Menéndez Pelayo), Mongolia e no Reino Unido (Wells Cathedral School). Desde 2014 é Profesor de Piano en “Encore Music Projects International Summer School” (Wells, Somerset).

Vadim gravou os CD’s: “Romantische Verwandlungen” con H.-J. Schellenberger (oboe), G. Causse (viola) y R. Vlatkovič (trompa), y “In Recital” con violinista Mayuko Kamio para SONY BMG.

Actualmente compaxina as actividades artísticas co traballo docente na “Escuela Superior de Música Reina Sofía” como Profesor Pianista Acompañante na Cátedra de Violín, co seu titular o profesor Zakhar Bron.