BASES

1. Poderán participar todos os músicos de calquer nacionalidade ata 24 anos. Divididos en dúas categorías:
I. A: 11-16 anos.
II. B: 17-24 anos.
2. Non poderán participar no concurso os intérpretes que xa tocaran coa Real Filharmonía de Galicia en anteriores ediciones do Festival.
3. O prazo de inscripción será dende a publicación das bases ata o día 7 de xuño.
4. O 8 de xuño enviarase a cada concursante unha PALABRA CLAVE, que deberá dicir no vídeo e tendrá ata o día 15 de xuño ás 23:59 para realizalo, subilo a calquera das plataformas (youtube, google drive, etc) e enviar o link á organización. No caso de non facerlo no prazo
establecido, perderase o dereito de seleción e a inscripción.
5. A inscripción no concurso conleva a aceptación integra das bases e o consentimento do tratamento dos datos, as imaxes e os vídeos. A organización reservase o dereito a publicar estos materiais nos seus canles.
6. As decisións do xurado son inapelables.
7. O coste da inscripción é de 85 euros. Salvo causa de forza maior, debidamente xustificada, non se devolverá o importe da inscripción.
8. O candidato, no caso de resultar gañador, comprometese a acudir aos eventos do Festival nos que esté programado. No caso de non aceptar todos os compromisos pode ser descalificado.
9. O pianista acompanante no festival corre a cargo da organización. No caso de que o concursante queira actuar co seu pianista, corre a cargo do concursante.
10. A documentación deberá enviarse a través do formulario de inscripción que está na páxina web: https://peregrinosmusicales.com/inscripcion-2021
11. Os gastos da viaxe, manutención e aloxamento corren a cargo do concursante.
12. No caso de que o Festival non se celebre por unha causa de forza maior, a organización do festival comprometese a convocalo noutras datas ou devolver a cota de inscripción aos gañadores.

 

CONDICIÓN DOS VÍDEOS

1. Deberán ser DOUS vídeos. Un co repertorio solista e outro coa obra para solista e orquestra.
2. Non pode tener cortes ni ediciones.
3. A cámara debe estar fixa.
4. O concursante debe dicir, claramente, a palabra clave enviada pola organización antes da interpretación.
5. Na descripción do vídeo debe constar: Nome e apelidos, categoría e idade do participante, nome do concurso, obras, autor, opus e minutaxe de cada obra.
6. En todo momento debe verse ao participante de corpo enteiro.
7. No comenzo do vídeo, o decir a palabra clave, o candidato debe baixarse a mascara no caso de levarla.
8. O pianista acompanante no vídeo do concurso corre a cargo do participante, sendo obligatorio no caso de que a peza lo requira.

 

PROCESO DE SELECCIÓN

1. Unha vez recibida e revisada a documentación enviarase un correo confirmando a inscripción ao concurso.
2. O 7 de xuño, a organización proporcionará aos participantes a palabra clave que deberán utilizar na grabación do vídeo.
3. O concursante deberá subir os vídeos á plataforma e unha vez subidos, deberá enviar os dous enlaces á organización nun só correo, antes do LUNS 15 DE XUÑO ÁS 23:59 h.

 

RESULTADOS

Os resultados serán partillados nos canles oficiais do Concurso a 3ª semana de xuño.

 

PARTICIPANTES NO FESTIVAL

No festival participarán os seleccionados no XI Concurso Peregrinos Musicais, os ganadores das Bolsas Peregrinos Musicais, provenientes de Cursos de Veran 2019 e músicos profesionais de reconocido prestixio internacional.