XI CONCURSO PEREGRINOS MUSICAIS 2021

Por primeira vez convócase o Concurso Peregrinos Musicais de xeito online e internacional.

Poderán participar todos os músicos de calquer nacionalidade e instrumento, ata 24 anos.

Repertorio de libre elección.

Os premios consistirán na participación no Festival Peregrinos Musicais* e inclúen:

  • Un concerto como solista coa Real Filharmonía de Galicia.
  • Un premio do público de 1000 euros.
  • 6 Diplomas “Gañador do Concurso Internacional” e Diplomas de participación a tódolos participantes.
  • Outros concertos no marco do festival.

*O Festival terá lugar en Santiago de Compostela, España, do 11 ao 19 de Setembro do 2021