fbpx

Ilona e Marina

Dúas pianistas para o Camiño Francés: ILona Timchenko e Mariña Fernández

 

poderan marabillarse ante tanta brillantez…, é un dos máis impoñentes

e musicalmente fascinantes lanzamentos pianísticos recentes.

Gramophone

 

Este é un dos debuts discográficos máis prometedores que puiden escoitar.

International Record Review

 

Timchenko aquí bríndanos unha gran transparencia, mentres que as Variacions Paganini de Brahms son unha brillante descarga de música cuias dificultades técnicas son tremendas.

Sunday Times

 

….Unha pianista absolutamente extraordinaria cunha forte personalidade….

Martha Argerich.

 

Ilona Timchenko gaña o Primeiro Premio no terceiro certame da Abstract Securitirs Landor Competition celebrado no Cadogan Hall en Londres o 16 de Outubro de 2007 conseguindo un contrato de gravación con Landor Records. O seu primeiro CD con este selo discográfico saíu á luz en decembro do 2009 e foi galardoado con titulación Extraordinaria na International Records Review en xaneiro de 2010.

 

Agraciada cunha técnica fenomenal e potentes habilidades musicais e expresivas, cativou por completo ao público en xullo de 2008 no Buxton Festival de Inglaterra durante o seu debut. En abril de 2010 debutou na Unione Musicale, un dos máis prestixiosos festivais en Europa. Ilona Timchenko está agora en pleno auxe da súa carreira profesional internacional, viaxando polo mundo e ofrecendo recitais en salas de concertos, tales como Wigmore Hall, Philips Hall de Holanda, Musikverein en Vienna, Concertgebouw de Amsterdam, Gran Sala do Conservatorio de Moscova e o Teatro Monumental en Madrid.

 

Ilona Timchenko empezou a súa formación musical a unha idade moi temperá nunha pequena cidade de Crimea co profesor A. Goliak. Moi pronto se trasladou a Moscova onde continuou os seus estudos de piano cos profesores Vladimir Bunin, Víctor Bunin, María Polivanova e Elena Richter, e os de composición con Albert Leman e Román Ledeniov. Posteriormente perfeccionou a súa formación en Holanda cos profesores Alexander Gold e Rian de Waal, en Italia co profesor Lazar Berman e en Francia co profesor Michel Beroff.

 

Como compositora, Ilona Timchenko iniciouse no Festival de Música Moderna de Aviñón (Francia), onde se estreou o seu Sexteto “Dedicatoria a Aviñón para instrumentos de corda e vento, o cal gozou dun especial beneplácito por parte da insigne compositora Sofía Gubaidulina.

 

Como pianista, desenvolveu unha intensa actividade concertística, actuando con diversas orquestras entre as que destacan a Orquestra da Capella Académica de San Petersburgo, a Orquestra Filarmónica da Radio de Holanda, Orquestra do Norte de Holanda, Real Filarmonia de Flandes, Orquestra Sinfónica de Granada, Real Filarmonia de Galicia, Orquestra da Radio de Romanía, e en diversas salas tales como en Musikverein (Viena), Concertgebouw ( Amsterdam), Vreedenburg ( Utrecht), Phillipszaal (A Haia), Gran Sala do Conservatorio de Moscova, Capella de San Petersburgo, Sala de Concertos Megaron (Atenas), Teatro Monumental (Madrid) e Sala Mare a Palatului ( Bucarest), entre outras. Tamén formou parte de conxuntos de cámara, como, por exemplo, a Orquestra de Cámara Nova Música, duo con Mark Lubotsky, Rivka Golani, Philippe Graffin

 

Ilona Timchenko foi a primeira intérprete de varias obras de compositores contemporáneos, algunhas das cales estaban dedicadas a ela. As gravacións destas obras consérvanse no Arquivo do Conservatorio Estatal de Moscova.

 

Ilona Timchenko ten no seu haber un amplo repertorio que abarca todo tipo de obras, desde o Barroco ata a música contemporánea. É gañadora de numerosos concursos internacionais de piano, galardoada, ademais, con varios premios do público e da crítica musical, tales como Beethoven Competition en Viena (Austria), Liszt Competition de Utrecht (Holanda), Enescu Competition en Bucarest ( Rumania), María Calas Grand Prix en Atenas (Grecia). En total Ilona Timchenko gañou vinte premios nos concursos internacionais, dos cales sete foron primeiro premio, сomo no Concurso Internacional de Piano Antón Garcia Abril.

 

Desde 2008, Ilona é docente convidado na Academia de Verán anual nos Países Baixos – Peter de Grote Festival. En España, en colaboración coa Escola Superior de Altos Estudos Musicais fundou, en 2011, o curso de piano “Escola Rusa”. Ilona dá clases regulares maxistrais en España, Francia, Italia, Portugal, Rusia.

 

Timchenko é fundadora e directora artística do Festival Internacional “Peregrinos Musicais”, que ten lugar en Santiago de Compostela en colaboración con outros festivais e organizacións, como a Fundación Vladimir Spivakov Caridade Internacional, Festival “Moscova atópase con amigos”, Real Filarmónica de Galicia, e The Mstislav Rostropovich Internacional Fundación de Caridade, entre outros.

 

                                                                                                                                                   

Marina naceu en Béjar onde comezou os seus estudos de piano. En 2006 trasladouse a Arca
onde seguiu os seus estudos coa concertista Ilona Timchenko.

 

Máis tarde accedeu ao Conservatorio Superior de Música de A Coruña, onde estudou con José Manuel Yáñez. Na actualidade estuda na prestixiosa Schola Cantorum de París baixo a tutela de Maurizio Moretti.

 

Marina recibiu clase de recoñecidos concertistas tanto nacionais coma internacionais, entre os que destacan Marta Zabaleta, Leslie Howards ou Igor Roma.

 

Durante a súa formación participou en diversos cursos e concursos, chegando a recibir diversos premios como o 1º premio en Star of the Albion en Londres (2017), 2º premio no Concurso de solistas do Conservatorio Superior de A Coruña (2019),beca IKFEM(2019) entre outros.

 

Formou parte de diferentes formacións como a Banda de Música de Arca ou a Orquestra da USC.

 

Ao longo dos últimos anos recorreu gran parte da xeografía nacional e parte da europea, actuando en salas tan importantes como o Rudolf Stein theatre en Londres ou o auditorio César Frank en París.

                                                                                                                                                     

As Obras

 
Rapsodia Húngara n.º 10

1º Ano de Peregrinaxe:

Ás campás de Xenebra (Nocturno)

Ao borde do manantial

Tormenta

2º Ano de Peregrinaxe:

Soneto 123 de Petrarca

Venecia e Nápoles: n.º 1 Gondoliera, n.º 2 Canzone, n.º 3 Tarantella

3º Ano de Peregrinaxe:

Os xogos de auga na vila do Este

Vals da ópera Fausto (Gounod-Lizst)
                                                                                                                                                      

Os Sitios

 
22 de Octubre, 20:30 h. Paraninfo da USC (Santiago). Entradas esgotadas
24 de Octubre, 20 h. Auditorio de O Pino. Entradas esgotadas
25 de Octubre, 20 h. Igrexa Parroquial de Arzúa
28 de Octubre, 19:30 h. Auditorio do Conservatorio de Valga
31 de Octubre, 20 h. Auditorio de Palas de Rei

                                                                                                                                                      

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.