fbpx

José Manuel Álvarez Losada

FotoÁlvarezLosada1

Premiado nos concursos “II Internacional Joaquín Rodrigo” (Madrid, 2004), “Primeiro Palau” (Barcelona, 2006) e XLI Curso Internacional “Música en Compostela” (Santiago, 1998), recibiu tamén o Premio Extraordinario do Conservatorio de Ourense, dous Premios Extraordinarios do Conservatorio Superior de Barcelona e Postgraduado con “Matrícula de Honra” pola Universidade de Graz (Austria). Todo iso lévalle a iniciar unha intensa actividade artística de actuacións en Europa, América e Asia.
 
Como solista actuou con diversas orquestras, como a Orquestra de RTVE, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquestra Sinfónica de Baleares.​
 
Membro fundador do Cuarteto “Música en Compostela”, especializado na interpretación de música española, posúe na actualidade dúo estable co guitarrista Pedro Mateo, con quen realizou a primeira gravación mundial das sonatas para violín e guitarra do compositor austríaco Ferdinand Rebay, así como co pianista Andreu Rise, co proxecto de recuperación da obra do violinista e compositor galego Manuel Quiroga.
 
Foi membro da Orquestra de Cámara Joaquín Rodrigo e a Orquestra Sinfónica de Galicia, así como colaborador da Orquestra Sinfónica de Barcelona. Máis recentemente foi convidado como concertino en diversas agrupacións, como a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra de Cámara de Menorca ou a Formentor Chamber Orchestra.
 
Actualmente é Profesor Titular de Violín do Conservatorio Superior das Illas Baleares.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.