fbpx

Alexander Ullman

Alexander Ullman C Kaupo Kikkas 6 m

ull                     Primeiro Premio na 11ª Edición do Concurso Liszt
Foi coa poesía e a retórica co que o experimentado Ullman gañou o Concurso”
Trouw.
 
Na tempada 18/19, Alexander debuta coa Orquestra Sinfónica Estatal de Moscova (Pavel Kogan), a Orquestra NCPA de Pequín (Markus Stenz) e a Orquestra Sinfónica de Barcelona. Os seus proxectos de música de cámara inclúen unha xira co violinista Barnabas Kelemen e o seu debut no Festival de Música de Cámara de Montreal.
 
Na primavera de 2019, Rubicon lanza o seu primeiro álbum, que inclúe a Suite “O crebanoces” de Tchaikovsky, Seis pezas de “A Cincenta” de Prokofiev así como “Petrushka” e “O paxaro de lume” de Stravinsky.
 
Gañador do Concurso Internacional de Piano “Franz Liszt” do 2017 en Utrecht, Alexander actuou coa Orquestra de Philadelphia, a Royal Philharmonic Orchestra, a Orquestra Filarmónica de Radio Holanda, a Orquestra de Radio Noruega, a Filarmónica de San Petersburgo, a Orquestra de Radio Budapest, e a Orquestra Sinfónica de Corea, así como tamén as sinfónicas de Nova Jersey, Fort Worth e Montreal, traballando con directores tales como Vladimir Ashkenazy, Giancarlo Guerrero, Miguel Harth- Bedoya, Valentin Uryupin e Markus Stenz.
 
Os seus futuros plans inclúen xiras de concertos por China, Xapón e América do Norte (Abril de 2020).
 
Alexander chamou a atención do panorama internacional en 2011, tras gañar o Concurso Internacional de Piano “Franz Liszt” en Budapest. Nacido en Londres en 1991, estudou na “Purcell School”, o “Curtis Institute” e o “Royal College of Music”, completando o seu títulación (Artist Diploma) galardoado coa bolsa de piano “ Benjamin Britten” en 2017 (outorgada pola Fundación “ Philip Loubser”). Entre os seus profesores contáronse William Fong, Leon Fleisher, Ignat Solzhenitsyn, Robert McDonald, Dmitri Alexeev, Ian Jones and Elisso Virsaladze.
 
Alexander Ullman é representado por RB Artists.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.