fbpx

Tonio Comesaña, clarinete

DSC0733 1

Tonio Comesaña nace en Vigo e iníciase na música coa gaita galega.

 

Como clarinetista formáse no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na Escola de Altos Estudos Musicais de Galiza e, dende 2016 ata o presente, no Conservatorio de Amsterdam.

 

Recibe galardóns en diversos concursos entre os que destaca o primeiro premio no 14° Certamen Intercentros Melómano. Ten actuado como solista coa Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia, a Xove Orquestra Sinfónica de Granada e a Xove Orquestra Cidade de Salamanca.

 

Actualmente é membro activo da Xove Orquestra Nacional de España (JONDE) e reserva da Xove Orquestra da Unión Europea (EUYO).

 

VER ENTREVISTA
This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.