fbpx

María Giraldes López, clarinete

María Giraldes López clarinete Galicia

Comeza os seus estudos musicais co clarinetista Jesús Sánchez Montero.

 

Continúa no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño, baixo a tutela de José Luis Vázquez Lorenzo. Finaliza esta etapa actuando como solista coa banda do conservatorio e acada o Premio Fin de Grao.

 

Recibiu numerosas masterclass de clarinetistas da talla de Yehuda Gilad, Carlos Casadó, Beatriz López, Darío Mariño e Juan Antonio Ferrer.

 

É membro do cuarteto de clarinetes “ClarineTutti” e da Banda Municipal de Sada, onde actuou como solista.

 

Actualmente estuda no Conservatorio Superior de Música de A Coruña da man de Marta Sancho Andrés, catedrática de clarinete.

 

VER ENTREVISTA
This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.