fbpx

DÚO AMPARO LACRUZ, CELLO / ANDREU RIERA, PIANO

Sobre o dúo:

 

“Intensidade, brillantez exquisita afinación e delicada expresión romántica” (Jorge de Persia, La Vanguardia)

 

“Virtuosismo e perfecto equilibrio ao servizo dunha sincera expresividade e un lirismo interior que recrea con mestría e beleza sonora” (Javier Pérez Senz, El País)

   

AMPARO LACRUZ, CELLO

En 2018 Amparo Lacruz participou na Cello Biennale de Amsterdam e o Festival Viva Celli de Seúl.
Desde 2015 é convidada como profesora e intérprete no Peter de Grote Festival de Groningen (Holanda).

 

Impartiu clases maxistrais en prestixiosas universidades de Estados Unidos ( Boston University, Oberlin College, State University of California and West Chester University), no Kunitachi College de Tokyo (Xapón), os Conservatorios de Shanghái (China), Morelia ( Mexico), Lima (Perú), no Curso Agustín León Ara (Costa Rica), o Festival Internacional de Música de Cervera, o Curso Isaac Albéniz de Camprodon e o Forum Musikae.

 

En dúo xunto ao pianista Andreu Riera presentou recentemente os cds “ Winter in Flames” ( Sonatas de Bridge e Chopin e “Brahms & Röntgen”.

 

Como membro do Trío Kandinsky realizou extensas xiras en Europa e Asia.

 

Unha importante discografía é testemuño da súa actividade: os CDs “ Schoenberg e Barcelona” e “Clara Schumann e Johannes Brahms” (Columna Musica) recibiron excelentes críticas.

 

É profesora da Escola Superior Katarina Gurska de Madrid e do Conservatorio Superior do Liceo de Barcelona.

 

VER ENTREVISTA

   

ANDREU RIERA, PIANO

 

Riera gañou importantes Concursos Nacionais de Piano como o Infanta Cristina (Madrid), Caixa Postal, Premio Alonso de Valencia, e Internacionais, como o Frederic Mompou ( Barcelona), Jacinto Guerrero e o Concurso Mozart, Mozarteum de Salzburg.

 

Realizou concertos en España, Italia, Austria, Francia, Suíza, Alemaña, Finlandia, Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Australia, destacando a súa gran versatilidade tocando en recitais de piano, concertos de mú sica de cá mara, acompañando cantantes, de solista- concertante con orquestra, mesmo oú ltimamente en recitais combinados de mú sica e poesía, e mú sica e teatro.

 

Colaborou con outros solistas como Ara Malikian, Joan Enric Lluna, Isabel Rey, Josep Francesc Palou, Amparo Lacruz, José Luís García, Kim Scholes, Gerard Claret, Jesse Levine, Vartan Manoogian, Lucero Tena, Lluís Sintes, Maria del Mar Bonet, etc, e grupos de cámara como o Cuarteto Leonor.

 

Como solista actuou coa Camerata de Llevant, Orquestra de Cambra Ciutat de Manacor, Simfònica de Balears “ Ciutat de Palma”, Sinfónica de Sevilla, Ciudad de Granada, Nacional de Andorra, Sinfónica de Màlaga, JONDE, Orquestra de Cámara “ Andrés Segovia”, Kuopio Symphony, New American Chamber Orchestra, Colorado Springs Festival Orchestra, Montreal Chamber Players.

 

Actualmente é profesor titular do Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares e Académico da Real Academia de Belas Artes de San Sebastián de Palma de Mallorca.

 

VER ENTREVISTA
This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.