fbpx

Duet MARTA RODRÍGUEZ OTERO, viola / LUIS López Jorge, violin

Luís López Jorge e Marta Rodríguez Otero Duo violín viola Galicia

MARTA RODRÍGUEZ OTERO, viola

 

Nada en Lugo en 1999, comeza en 2007 os seus estudos de viola no Conservatorio Profesional de Música Xoan Montes de Lugo, rematándoos coas máximas calificacións.

 

Foi membro da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia, e actualmente é membro da JONDE, Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia, e Orquestra Gaos.

 

Traballou baixo a batuta de directores como Gustavo Dudamel, Alberto Zedda, López Cobos e Dima Slobodeniouk. Do mesmo modo recibiu numerosas masterclass de profesores como Tabea Zimmermann, Diemut Poppen, e Silvia Simionescu, entre outros.

 

Actualmente cursa os seus estudos superiores na Anton Bruckner Universität co profesor Predrag Katanic.

 

VER ENTREVISTA

 
 

LUIS LÓPEZ JORGE, violin

Nacido en Santiago de Compostela en 1997, comeza os seus estudos de violín á idade de 7 anos, estudando na súa mocidade con Grigori Nedobora, Orestes Reyes, Elena López-Felpeto Paz e Roberto Santamarina.

 

En 2013 finaliza os seus estudos musicais medios coas máximas cualificaciones e actúa como solista coa Orquestra do Conservatorio De Santiago de Compostela.

 

No ámbito orquestral, colabora frecuentemente coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

 

En 2016 comeza o seu Bachelor of Music na Hochschule für Musik und Tanz Köln con Ariadne Daskalakis.

 

VER ENTREVISTA
This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.