Fotografía de Xaime Cortizo para Peregrinos Musicales

Peregrinos Musicais convoca as probas para formar parte do VIII Festival de música clásica para xóvenes talentos

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018. Tan só quedan 10 días para facerse un oco entre os aspirantes que van formar parte da oitava edición do Festival Peregrinos Musicais. Aqueles mozos que estean namorados da música clásica, que destaquen polas súas interpretacións como solistas ou en pequenos grupos de cámara, e que desexen triunfar nos circuitos internacionais da música clásica non poden perder a oportunidade de participar na cita máis clásica para xóvenes talentos que cada ano está prevista na axenda musical galega. Peregrinos Musicais é o festival máis internacional dos que se desenvolven en Galicia para intérpretes clásicos que imaxinan o seu futuro como profesionais no mundo da música culta.

 

O próximo 20 de marzo remata o prazo para solicitar a inscrición. Unha vez finalizado o prazo convocarase a todos os inscritos a unhas probas de selección, que terán lugar o 8 de abril na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Os aspirantes que superen a proba han formar parte do definitivo elenco de músicos que van actuar nos diferentes escenarios da capital galega como os novos intérpretes do VIII Festival Peregrinos Musicais.

 

A organización decidiu que os concertos se programarán entre o mes de xuño e o de xullo, comenzado o próximo  28 de xuño e finalizando o 4 de xullo.

 

Os aspirantes deben enviar os seus datos, a través da páxina web de Peregrinos Musicais www.peregrinosmusicales.com. Ademais de identificarse co seu nome e apelidos deben especificar con que instrumento desexan presentarse. Os aspirantes teñen que ter unha idade comprendida entre os 12 e os 22 anos. Tamén se admitirá a inscrición de xóvenes cantores clásicos, neste caso a idade limite de inscrición é ata os 25 anos. Tamén se poden inscribir grupos de cámara. Neste último caso, a media de idade de todos os compoñentes do grupo non debe exceder dos 22 anos. Os xóvenes aspirantes deben enviar, xunto coa inscrición, o seu curriculo musical e tamén terán que facer chegar o repertorio que van interpretar. Poden incluir pezas de libre elección cunha duración máxima de 15 minutos.

 

O Festival Internacional Peregrinos Musicais naceu para apoiar os novos talentos musicais que estudan música nas diferentes escolas e conservatorios de música que hai en Galicia. Este evento contou xa coa participación de máis de cen músicos e ten ofrecido a oportunidade de unir culturas e estreitar lazos entre músicos doutros países con diferentes correntes e influencias na súa aprendizaxe como futuras estrelas ou talentos da música clásica. Por iso, participar no festival constitúe unha oportunidade única para que os músicos galegos teñan ante si unha plataforma única na que poder compartir experiencias con outros xóvenes músicos de outras nacionalidades, formados en centros de prestixio internacional, ademais da oportunidade de subir a solemnes escenarios e de gozar da música formando parte da Real Filharmonía Galega, no derradeiro concerto de cada edición como broche de ouro do festival.

 

A selección dos participantes realizarase o domingo 8 de abril na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Alí, os aspirantes demostrarán a súa habilidade instrumental, vocal ou orquestral ante unha comisión artística, formada por músicos clásicos profesionais.

 

Todos os novos valores galegos que o desexen, residentes en Galicia ou estudantes de música inscritos nos conservatorios galegos, teñen a oportunidade de participar no maior evento de música clásica internacional para jóvenes que se organiza na comunidade galega.

 

Os xóvenes interesados en formar parte deste prestixioso evento deben demostrar ante os examinadores que teñen un gran dominio técnico e interpretativo en calquera instrumento musical. A comisión artística vai evaluar aos participantes e seleccionarase aos mellores músicos aspirantes.

 

Tanto a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o Concello de Santiago de Compostela apoian institucionalmente este festival de música.

 

O Festival Peregrinos Musicais non é un concurso musical. Trátase dunha oportunidade única que lles ofrece apoio e promoción a xóvenes músicos que soñan con facer carreira musical. A calidade dos concertos, o esmerado coidado e selección dos escenarios e o apoio que sempre mostra o público é un fabuloso termómetro para os músicos, que poñen a proba as súas aptitudes diante de espectadores cultos e que coñecen e valoran a música clásica. É, ademais, un test que mide o potencial profesional de cada un dos artistas.

 

A Asociación Peregrinos Musicais fundouse no ano 2011 en Santiago de Compostela da man da pianista rusa radicada na capital galega Ilona Timchenko. Do nacemento da asociación xurdiu o desenvolvemento dunha da súas actividades centrais, como é a organización do festival, aínda que ó longo do ano tamén se organizan outras actividades como os cursos de verán e outras xornadas de formación específica.