Thomas Prchal, cello

Thomas Prchal (2004) comezou a tocar o cello con Lenian Benjamins á idade de 5 anos na “Academie Muzikaal Talent” en Utrecht.

 

Thomas gañou premios en varios concursos, incluíndo o concurso de Violoncello “Edmond Baert” en Bruxelas, o “Prinses Christian Competition for Young Composers” e o “Bohuš Heran International Cello Competition”.

 

Actuou como solista con varias orquestras, e participou en masterclasses con Michel Strauss, Raphael Pidoux, Jerôme Pernoo, Jens-Peter Mainz, Amparo Lacruz, Jan- Ype Nota e Arnau Tomás, e cós cuartetos Jerusalem, Quiroga e Casals co seu cuarteto de cordas.

 

Thomas escribiu ademais varias composicións para cello e música de cámara.