Solistas e concertistas internacionais de frauta, violín, piano e cello ofrecerán unha masterclass durante o IX Festival

O Festival Peregrinos Musicais amplía este ano a súa oferta de actividades e será moito máis completa e diversa que en edicións anteriores. Peregrinos Musicais organiza nunha semana unha intensiva convivencia coa música clásica, entre concertos e formación. A piques de alcanzar o décimo aniversario como Festival, Peregrinos Musicais conseguiu ser unha cita que os amantes da música clásica apuntan na axenda cada ano Galicia. A súa consagración tamén trouxo consigo unha crecente demanda e unha maior oferta das súas actividades contorna á música. 

A organización do Festival deu un novo paso para cubrir esa necesidade e apostou, non só polas clásicas audicións dos seus concertos, senón que dedica a súa atención ao coidado da formación dos participantes e dos novos talentos que estudan música en Galicia. 

Nesta IX edición, os que o desexen, poderán perfeccionar as súas técnicas. Acudir a estes cursos especializados cun profesor de talla internacional ten a vantaxe de que ao final da masterclass entregarase un diploma que recoñecerá recibir a clase maxistral, que lle servirá para acreditar a súa formación complementaria. As masterclass van ser tan importantes como os concertos programados. Nesta IX edición terán especial atención a frauta, o violín, o piano, e o cello, xa que catro grandes mestres solistas internacionais serán os encargados de dar as clases maxistrais a todos os interesados que desexen participar. As masterclass, ademais, serán abertas ao público en xeral, unicamente para a súa audición, aínda que para participar como alumno terán que inscribirse xa que as prazas limitadas, polo que é aconsellable formalizar a reserva canto antes enchendo o boletín de inscrición na páxina web de Peregrinos Musicais. Aceptaranse todas as inscricións que non superen o límite de reserva ata o 26 de xuño. As inscricións son válidas tanto para o alumno que quere acudir co instrumento correspondente á masterclass como para grupos de música de cámara. As clases ofreceranse no Teatro Principal a partir das 10:00 a.m. e desenvolveranse ata as 14:00 horas. 

A primeira masterclass terá lugar o sábado 29 de xuño e estará dedicada á frauta, a cargo da profesora rusa Aglaya Shuplyakova. Nada en San Petersburgo, a experta solista se graduó no Conservatorio Rimsky- Korsakov. Como flautista foi premiada no Concurso Internacional de Intérpretes de Vento de Madeira en Moscova e no Concurso internacional de músicos novos clásicos Concertino de Praga. Ademais, Shuplyakova recibiu o título de gañadora da competencia de bolsas Muse de San Petersburgo. Ten unha ampla experiencia como concertista nas mellores salas de concertos de todo o mundo. É solista na Orquestra Mariinsky.

 O domingo 30 de xuño, a clase especializada será de violín, e ofreceraa o músico internacional español José Manuel Álvarez Losada. Actualmente, é profesor titular de Violín no Conservatorio Superior das Illas Baleares. Obtivo premios en diferentes concursos como a “II Internacional Joaquín Rodrigo”, o “Primeiro Palau”. Formado en Ourense e Barcelona con premios extraordinarios recibiu matrícula de honra no seu posgrao na Universidade de Graz (Austria). Tras a súa brillante formación, tivo unha intensa actividade artística actuando en Europa, América e Asia. Como solista formou parte de orquestras de recoñecido prestixio como a Orquestra de RTVE, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquestra Sinfónica de Baleares. Tamén foi membro fundador do Cuarteto “Música en Compostela”, especializado na interpretación de música española e forma parte dun dúo musical estable co guitarrista Pedro Mateo, con quen realizou a primeira gravación mundial das sonatas para violín e guitarra do compositor austríaco Ferdinand Rebay, así como co pianista Andreu Rise, inmersos neste momento na gravación dun proxecto de recuperación da obra musical do violinista e compositor galego Manuel Quiroga.

A terceira masterclass de Peregrinos Musicais 2019 é para o piano e ofrecerase o luns 1 de xullo. A clase maxistral será dirixida por Andreu Rise, académico da Real Academia de Belas Artes de Palma de Mallorca, un pianista de enorme experiencia que gañou importantes concursos nacionais de piano como o Infanta Cristina en Madrid, o premio Alonso de Valencia ou os concursos internacionais como o Frederic Mompou de Barcelona, o Jacinto Guerrero e o Concurso Mozart, en Mozarteum de Salzburgo. Participou en concertos en España, Italia, Austria, Francia, Suíza, Alemaña, Finlandia, Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Australia, onde demostrou unha gran versatilidade ao tocar en recitais de piano, participado en concertos de música de cámara, acompañando a cantantes, como solista-concertista con orquestra e en recitais nos que se combina a música e a poesía ou a música e o teatro. Entre as súas colaboracións, destacan as súas colaboracións con solistas de talla internacional como Ara Malikian, Joan Enric Lluna, Isabel Rey, Josep Francesc Palou, Amparo Lacruz, José Luis García, Kim Scholes, Gerard Claret, Jesse Levine, Vartan Manoogian, Luceiro Tena, Lluís Sintes, María del Mar Bonet, etc, e en grupos de cámara como o Cuarteto Leonor.

 A cuarta e última masterclass terá lugar o martes 2 de xullo e estará dedicada ao cello. A profesora da Escola Superior Katarina Gurska de Madrid e do Conservatorio Superior do Liceo de Barcelona ofrecerá os seus coñecementos como solista consagrada é Amparo Lacruz. En 2018 participou en en a Cello Biennale de Amsterdam e o Festival Viva Celli de Seúl. Desde 2015 está a ser convidada como profesora e intérprete do Peter de Grote, un importante festival que se organiza en Groningen (Holanda). Impartiu clases maxistrais en prestixiosas universidades de Estados Unidos ( Boston University, Oberlin College, State University of California and West Chester University), no Kunitachi College de Tokyo (Xapón), os Conservatorios de Shanghái (China), Morelia ( Mexico), Lima (Perú), no Curso Agustín León Ara (Costa Rica), o Festival Internacional de Música de Cervera, o Curso Isaac Albéniz de Camprodon e o Forum Musikae. En dúo xunto ao pianista Andreu Rise presentou recentemente os cedés “ Winter in Flames” ( Sonatas de Bridge e Chopin ) e “Brahms& Röntgen”. Como membro do Trío Kandinsky realizou extensas xiras en Europa e Asia. Unha importante discografía é testemuño da súa actividade: os CDs “ Schoenberg e Barcelona” e “Clara Schumann e Johannes Brahms” (Columna Musica) recibiron excelentes críticas musicais. Como se pode comprobar as clases son impartidas por artistas de música clásica consagrados no panorama internacional. Os seus dotes e especiais calidades musicais tamén as poderá gozar o público en xeral porque os catro mestres actuarán nas programacións que forman parte do cartel do IX Festival Peregrinos Musicais, reservando unha parte do seu tempo de traballo aos mozos músicos que teñan maior interese e ganas de seguir crecendo e investindo na súa formación como músicos, para proxectar as súas carreiras musicais, nun futuro máis ou menos próximo, cara á profesionalización.