Peregrinos Musicais volve ó Teatro Principal para dar un concerto dedicado a diferentes “Sonatas para cello e piano” interpretado por dous mestres internacionais

  • Esta xornada Peregrinos Musicais ofrece dous concertos. Un será en Santiago cun programa exclusivo de piano e cello a cargo de dous artistas internacionais. O segundo o interpretarán os Peregrinos máis xoves no Auditorio de Sanxenxo

O Teatro Principal volve ser o escenario de Peregrinos Musicais na cuarta xornada do Festival na que haberá unha dobre programación de concertos: unha en Santiago e outra en Sanxenxo. 

No concerto de Santiago o público poderá deleitarse con dous mestres internacionais que protagonizan unha audición reservada á música para piano e cello, que pretende ser unha viaxe por unha sesión máxica e evocadora. Os mestres protagonistas desta nova sesión do IX Festival serán o pianista balear Andreu Rise e a cellista Amparo Lacruz. O pianista mallorquino destaca pola súa prestixiosa formación e os numerosos premios que conseguiu en diferentes países, mentres que á fronte da corda está a outra parte da media laranxa deste dúo, unha prestixiosa violonchelista que formou parte de grandes eventos musicais, grazas a unha soada formación e cun talento musical que foi recoñecido en todas as súas intervencións.

O concerto comezará ás 20:30 horas no Teatro Principal, mañá luns 1 de xullo e programouse co título “Sonatas para cello e piano”. 

Este é un concerto de música de cámara e o tipo de obras que se van a interpretar resultaranlle moi familiares ao gran público, xa que as obras que se seleccionaron para esta noite recollen diferentes Sonatas de Chopin, Beethoven e Brahms, tres autores moi coñecidos e recoñecibles polo seu estilo.

É moi importante destacar o protagonismo que alcanza o cello neste concerto, un instrumento que habitualmente se compara á voz humana, polo seu tipo de son. Por iso, durante o concerto imos ter a impresión de que se nos está transportando a un momento máxico, que ademais agradecerán os asistentes pola gran riqueza e facilidade na comprensión das obras elixidas.

A primeira das pezas que van representar trátase dunha sonata clásica / prerromántica, como é a sonata nº 5 de Ludwig van Beethoven; despois, o concerto, continuará con 2 sonatas románticas, de Johannes Brahms e a única sonata para violoncello e piano escrita por Frederick Chopin, na que hai unha parte de piano moi esixente e virtuosa.

As sonatas de Beethoven e Brahms comparten unha característica común, ao coincidir no último movemento da obra nunha fuga, en alegro e brillante, que representa claramente unha homenaxe á figura do gran compositor Johann Sebastian Bach. A obra de Beethoven é a súa última sonata, dun ciclo de cinco sonatas escritas para cello e piano. É a máis madura de todas e no segundo movemento caracterízase porque se adianta a sonoridade e expresividade do romanticismo. A de Brahms é a primeira das súas dúas sonatas e posúe un carácter máis íntimo que a súa segunda sonata escrita en Fa maior, que resulta máis apaixonada e enérxica.

E, para rematar, oirase a sonata de Chopin. Este é un músico que destaca pola súa produción pianística. A súa obra de cámara máis potente e inspirada é sen dúbida unha sonata para cello e piano. Trátase dunha obra densa e lixeira á vez, soborda lirismo, melancolía, con momentos rítmicos de polonesa, mazurca e valse, e un segundo movemento que representa unha auténtica xoia musical pola súa elevada inspiración e intimidade.

DATOS DO CONCERTO

ONDE É: TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO

CANDO: 1 DE XULLO

A QUE HORA: ÁS 20:30 h.

ENTRADAS: PLATAFORMA TICKETEA ou no despacho de billetes

PREZO: 9 euros público en xeeral / 7 € con desconto

Los menores de 7 anos acceden gratuítamente, pero deben ir acompañados dun adulto

 

PROGRAMA DO CONCERTO en SANTIAGO

Sonatas para cello e piano”

Amparo Lacruz (cello) / Andreu Riera (piano)

L. van Beethoven. Sonata para Cello Nº 5 en Re maior, Op. 102, Nº 2

 

J. Brahms. Sonata para Cello Nº 1 en mi menor, Op. 38

 

– Pausa –

 

F. Chopin. Sonata para Cello en sol menor, Op. 65

Ao mesmo tempo, nesta xornada de luns, Peregrinos Musicais sae de xira fóra de Santiago de Compostela. Os novos talentos seleccionados este ano 2019 terán unha nova ocasión de subir ao escenario e demostrar o talento musical no que se poderá ver o virtuosismo que son capaces de despregar estes novos intérpretes.

Este é o primeiro dos concertos que ofrecerán fóra da capital galega. A primeira saída será ao Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, un concerto que comezará a partir das 20:30 horas. O concerto titulouse “Concerto de Novos Talentos”. Los Peregrinos Musicales que van a actuar son: 

Artei Theotonio Caride, de 17 anos natural de Ourense, que tocará o cello.

Buruktawit Martins González, de 14 anos, é de A Coruña, violinista.

Erik Mirzoyan, de 16 anos, procedente de Rusia, clarinetista.

Elena Rodríguez Oubiña, de 17 anos, natural de Vilagarcía, violinista.

Elijah Orlenko, de 14 anos, procede de Canadá e é pianista.

Thomas Prchal, de 14 anos, natural de Holanda e toca o cello.

Abi Smeu, de 17 anos, residente en Sigüeiro, é violinista.

Jorge Denis Santomán, ten 19 anos é natural de Nigrán. Toca a marimba.

María Giraldes López, de 22 anos, de Lugo e toca o clarinete.

Artur Krischyan, de 14 anos e toca o violín.

 

 

DATOS DO SEGUNDO CONCERTO

ONDE É: AUDITORIO DE SANXENXO (PONTEVEDRA)

CANDO: 1 DE XULLO

A QUE HORA: A LAS 20:30 h.

ENTRADAS: PLATAFORMA TICKETEA

PREZO: 9 euros público en xeral / 7 € con desconto

 

 

PROGRAMA DO CONCERTO DE SANXENXO

Novos Talentos”

C. Saint-Saëns. Concerto Nº 1 para cello (1º mov.)

Interpretado por Artei Theotonio Caride, cello (Ourense, 17 anos)

 

L. van Beethoven. Sonata Nº 5 (1º mov.)

Buruktawit Martíns González, violín (Addis Abeba, 14 anos)

 

A. Schreiner. Immer Kleiner

A. Piazzolla. Oblivion

Interpretado por Erik Mirzoyan, clarinete (Moscú, 16 anos)

 

F. Mendelssohn. Concierto Op. 64 (1º mov.)

Interpretado por Elena Rodríguez Oubiña, violín (Vilagarcía, 17 anos)

 

F. Chopin. Polonesa en fa sostenido menor

Interpretado por Elijah Orlenko, piano (Vancouver, 14 anos)

 

– Pausa –

T. Prchal. Pequena fantasía

G. Cassadó. Danza do diablo verde

Interpretado por Thomas Prchal, cello (Holanda, 14 anos)

 

E. Chausson. Poema Op. 25

Interpretado por Abi Smeu, violín (Sigüeiro, 17 anos)

 

A.Piazzola / E. Sammut. Variacións sobre o Libertango

T. Muramatsu. «Land»

Interpretado por Jorge Denis Sanromán, marimba (Nigrán, 19 anos)

 

C. Debussy. Primeira Rapsodia

Interpretado por María Giraldes López, clarinete (Sada, 22 anos)

 

P. Sarasate. Fantasía sobre o Fausto de Gounod Op.13

Interpretado por Artur Krischyan, violín (Moscú, 14 anos)

Lémbrase que o Festival Peregrinos Musicais recibe o apoio da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, concello de Santiago, Deputación da Coruña, Consorcio de Santiago, Estrela Galicia, Real Filharmonía de Galicia, entre outros.