Peregrinos Musicais programa dous concertos en Santiago este sábado, no Teatro Principal con dous mestres, e en San Martiño Pinario con oito mozos prodixio

  • O primeiro concerto será ás 18:00 horas no Teatro Principal e repasará a obra do compositor Manuel Quiroga, a cargo de dous artistas internacionais, Andreu Riera e José Manuel Álvarez Losada
  • Os Peregrinos Musicais volven ó escenario nun dos seus concertos singulares, entre os muros de san Martiño Pinario

O segundo día do IX Festival Peregrinos Musicais chega cargado de actividades e cun dobre programa de actuacións, inédito ata a data, no cartel deste festival de música clásica. A tarde deste sábado abrirá un espazo para os grandes mestres e tres horas despois, noutro escenario, recupera outro dos seus momentos máxicos continuando peregrinaxe nun concerto cheo de xuventude en San Martiño Pinario. 

Dous músicos de recoñecido prestixio no panorama musical español, dentro do arte clásico, comezarán a xornada no Teatro Principal de Santiago. Trátase do pianista Andreu Riera e o violinista ourensán José Manuel Álvarez Losada. Ambos, unirán os seus estilos e a súa música para formar un dúo que repasará toda a obra do compositor e violinista pontevedrés Manuel Quiroga, escrita e adaptada para piano e violín. Será un concerto monográfico dedicada ao compositor e violinista galego Manuel Quiroga.

 Durante o concerto, no que se vai a facer un repaso de todas as obras de Manuel Quiroga, os dous artistas explicarán ao público o gran traballo que realizou o mestre compositor, polo que este acto pódese enmarcar nunha categoría nova dentro do Festival xa que será un concerto-conferencia. Desta forma, o público sairá do teatro entendendo aínda máis o estilo e a importancia da música escrita polo autor galego, que dá nome ao Conservatorio de Música de Pontevedra.

Manuel Quiroga (Pontevedra 1892-1961) é unha das figuras do violín máis destacadas do panorama español de principios de século  XX. Está considerado como un dos mellores artistas de corda españois internacionais, xunto a Pablo  Sarasate e Pau  Casals. En Pontevedra, o Conservatorio leva o seu nome.

 Grazas á iniciativa dos dous artistas convidados por Peregrinos Musicais, e profesores de música en Palma de Mallorca, Andreu Riera e José Manuel Álvarez Losada, o segundo natural de Ourense, rescátase do esquecemento ao xenial violinista galego do século XX, que compartiu época con outros importantes músicos como Manuel de Falla ou Joaquín  Turina, e foi recoñecido no seu tempo con premios como o do Conservatorio de París. Manuel Quiroga adoitaba terminar cada un dos seus concertos interpretando as súas propias composicións, que se caracterizaban pola súa extraordinaria dificultade e coas que se podía comprobar o seu destacado virtuosismo, un músico español cume formado na escola de París. 

Precisamente, son  estas pezas as que poderá escoitar o público de Santiago de Compostela no IX festival Peregrinos Musicais, e será unha ocasión única e especial que servirá para gozar de esta música de outra época, romántica e virtuosa. Os dous profesores editarán proximamente un cedé en Galicia no que van recompilar toda a obra de Manuel Quiroga. Como anticipo, o público poderá escoitar en vivo a música de Manuel Quiroga mañá a partir das 18:00 horas no Teatro Principal de Santiago. 

 Os dous profesores detectaron que a obra do compositor galego deixaba de interpretarse, mesmo se descabalgou e era difícil atopar as súas partituras nas tendas de música porque non se estaban editando. Os dous músicos comprobaron en varios concertos que ofreceron en Palma de Mallorca e Madrid, principalmente, que a música de Manuel Quiroga gusta ao público. Para eles, a importancia destas obras radica en que Quiroga demostraba á súa audiencia a bravura das súas composicións e a demostración técnica do poderío co que tocaba o seu instrumento. Ademais, o violinista e compositor galego escribiu a adaptación destas pezas para piano, que era un instrumento secundario nestas obras, converténdoas, tras escribila para piano, en pezas moi potentes para os dous instrumentos musicais e gañando moito maior interese para o público que gozaba escoitando os novos arranxos.

DATOS DO PRIMEIRO CONCERTO DA TARDE

ONNDE É: TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO

CANDO: SÁBADO, 29 DE XUÑO

A QUE HORA: ÁS 18:00 h.

ENTRADAS: PLATAFORMA TICKETEA ou no despacho de billetes do Teatro

PRECIO: 9 euros público en xeral / 7 € con desconto

Os menores de 7 anos acceden de balde, acompañados dun adulto

 

PROGRAMA DO PRIMEIRO CONCERTO DA TARDE

Obra completa para violín e piano de Manuel Quiroga

Interpretado por José Manuel Álvarez Losada (violín)

Interpretado por Andreu Riera (piano)

Xota

Zortzico
De praia e Zapateado
Alborada
Galicia
Andante Cantabile (Mendelssohn, transcripción Quiroga)
Canto e Danza Andaluza

– Pausa –

Emigrantes celtas (para violín só)
Terra! Á Nosa! (para violín só)
Habanera
Danza arxentina
A Guajira
Canto amoroso
Rondalla
2ª Guajira

 

SEGUNDO CONCERTO DA XORNADA

O segundo concerto terá aos Peregrinos da IX edición como protagonistas. Será a partir das 21:00 no monumental san Martiño Pinario. O concerto titúlase “Monólogos”. O público poderá gozar dos novos prodixios, seleccionados pola organización o pasado mes de abril e os invitados doutros países, que interpretarán como solistas diversas obras de variados estilos musicais.

O prezo para o concerto é 9 euros. Os menores de 7 anos non pagan entrada, se van acompañados dun adulto. Teñen desconto os xubilados, parados, estudantes e menores de entre 7 e 14 anos. 

Como se lembra todos os anos, no Festival Peregrinos Musicais non existe competencia entre os músicos, nin se dan máis puntos pola maior ou menor brillantez na actuación do solista. O festival non é un concurso, senón un vehículo de promoción de novos talentos da música clásica.

DATOS DO CONCERTO

ONNDE É: SAN MARTIÑO PINARIO

CANDO: SÁBADO, 29 DE XUÑO

A QUE HORA: ÁS 21:00 h.

ENTRADAS: PLATAFORMA TICKETEA 

PRECIO: 9 euros público en xeral / 7 € con desconto

PROGRAMA DO SEGUNDO CONCERTO DO DÍA

Monólogos

J. S. Bach. Suite VI: Preludio e Alemanda

Interpretado por Thomas Prchal, cello (Holanda, 14 anos)

J. S. Bach. Partita II: Sarabanda en re menor
Interpretado por Elena Rodríguez Oubiña, violín (Vilagarcía, 17 anos)

J. S. Bach. Suite III: Preludio e Giga
Interpretado por Jorge Denis Sanromán, marimba (Nigrán, 19 anos)

J. S. Bach. Suite IV: Preludio e Courante
Interpretado por Artei Theotonio Caride, cello (Ourense, 17 anos) 

M. Karrninsky. Oración xudea
Komitas. “Krunk” (Grulla)
Interpretado por Artur Krischyan, violín (Moscú, 14 anos)

M. Glinka. Variacións sobre un tema de Mozart
Interpretado por Efrosinia Shuplyakova, arpa (San Petersburgo, 12 anos)

G. Miluccio. Rapsodia para clarinete solo
Interpretado por María Giraldes López, clarinete (Sada, 22 anos)

N. Paganini, ‘Nel cor piú non mi sento’
Interpretado por Buruktawit Martins González, violín (Addis Abeba, 14 años)

Como se lembra todos os anos, no Festival Peregrinos Musicais non existe competencia entre os músicos, nin se dan máis puntos pola maior ou menor brillantez na actuación do solista. O festival non é un concurso, senón un vehículo dePor último, lémbrase que o Festival Peregrinos Musicais recibe o apoio da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría  Xeral de Cultura, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, o concello de Santiago, o Consorcio de Santiago, Estrela Galicia, a Real  Filharmonía de Galicia, entre outros.