Maximino Zumalave

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago de Compostela, Madrid, Viena e Stúttgart.
 
Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador, Maximino Zumalave é director asociado da Escola de Altos Estudos Musicales de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.
 
Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas. É académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.