Marta Rodríguez atopa recompensa coa súa viola na música clásica polo seu esforzo e sacrificio

Marta Rodríguez ten 20 anos. Naceu en Lugo, pero neste momento vive na cidade austríaca de  Linz, onde completa os seus estudos de viola. Formouse no Conservatorio Profesional de Música de Lugo e a Anton Bruckner  Universität. Todo o que sabe de música e de viólaa, o seu instrumento, inculcáronllo Diego Segade e Predrag  Katanic.

Que significa a música clásica para ti? 

A forma de expresión máis pura e natural. Sobre todo é fantástica a sensación de tocar en grupo e facer música xuntos.

Quen che ensinou a ver algo diferente na música clásica ou fuches ti só o que descubriches a música clásica como algo especial? 

Para empezar todos e cada un dos profesores que influenciaron a miña maneira de ver a música, pero evidentemente, sempre existe unha ambición que debe nacer nun mesmo.

A que anos empezaches a namorarte da música clásica? 

Desde moi pequena sempre escoitei música clásica en casa. Xa aos 7 anos empecei a tocar viólaa e a partir de aí sentín unha conexión especial coa música e co instrumento.

Que influencia tiveron os teus pais para que vexas na música un camiño profesional como músico? 

Os meus pais apoiáronme durante toda a miña carreira musical. O tomar a música como

algo profesional soamente foi un paso máis.

Que é o que che atrae da música clásica? Onde aprecias que a música clásica é máis especial que calquera outra para ser interpretada? 

Da música clásica atráeme todo. A variedade de sentimentos que pode transmitir.

Cal é o autor que máis che gusta interpretar? Por que? 

Todos os compositores teñen algo especial, pero se tivese que elixir un, diría  Bach, porque dalgunha maneira  aúna todo o que a música significa para min.

Fálanos do instrumento que tocas. Cal é? Por que che gusta? 

A Vióla. Encántame, ten un son moi persoal e humano.

Algunha vez pensaches en compoñer a túa propia música? Tentáchelo? 

A verdade é que nunca o pensei, pero por que non! Teño moito tempo aínda para poder tentalo.

Que mensaxe lle enviarías a outros mozos novos para que escoiten máis música clásica e, sobre todo, que vaian vervos aos concertos que organiza Peregrinos Musicais? 

Que existe un universo máis aló das cancións pop que escoitamos todos os días, e que a música clásica pode expresalo todo, só hai que tomarse o tempo necesario e darlle a oportunidade de ser escoitada.

Para os mozos que vos está coñecendo agora e poden estar a pensar en ser músicos como ti, merece a pena dedicar o tempo á música clásica? 

Claro que merece a pena! Aínda que a música clásica require de moito tempo e moito sacrificio, se realmente hai paixón e amor cara a ela, sempre hai recompensa.

Que é o que esperas deste Festival despois de ser seleccionado e participando nos seus concertos? Que importancia lle das? 

É unha gran experiencia e unha fantástica oportunidade poder tocar nos concertos, coñecer músicos doutros lugares, escoitar outros concertos…

Se imaxinas a túa vida como músico…, que ves ou como cha imaxinas? 

Aínda non o sei, pero espero que sexa tocando nalgunha orquestra ou grupo de cámara, compartindo a música con xente que admiro.

Gustaríache ser un famoso compositor ou  instrumentista? 

Non creo que a fama teña que ser un obxectivo, senón un resultado dun traballo moi  bine realizado.

Gústache interpretar pezas de famosos autores ou che gustan máis innovar e probar cousas novas ou darlle o teu propio estilo ás interpretacións? 

Ambas! Non hai pecharse a nada, todo está ben na súa xusta medida.

Cal é o seguinte paso na túa carreira musical? 

Actualmente estou a cursar 2º curso de Bacharel, e de momento o que queda é seguir estudando e traballando ao máximo.