A creación de contrastes atrae a Tonio Comesaña á música clásica

TonioComesaña ten 22 anos. Naceu no Freixo (Vigo) e actualmente reside enAmsterdam nos Países Baixos, onde estuda como perfeccionar a súa música. Toca o clarinete. A súa formación recibiuna no conservatorio profesional de música de Vigo en en o conservatorio vanAmsterdam. Como profesores destaca aArnoPiters eHansColbers enAmsterdam e en VigoFelipe González Agell.

Que significa a música clásica para ti?

É o día a día da miña vida, emprego moito tempo en cousas relacionadas con ela.

Quen che ensinou a ver algo diferente na música clásica, ou fuches ti só o que descubriches a música clásica como algo especial?

Non teño ningunha figura concreta que me supuxera unha enorme revelación pero si que imaxino que moita xente me foi influíndo e inspirando, en maior ou menor medida.

Que influencia tiveron os teus pais para que vexas na música un camiño profesional como músico?

En ningún momento me botaron para atrás ou incentivaron a que fixera outra cousa e apoiáronme con isto, que xa bastante é. Máis aínda se temos en conta que non veño dunha familia de xente música como é tan típico no mundo da música clásica e máis aínda se temos en conta que somos unha familia obreira e que todo o que teño feito para avanzar na miña carreira musical supón un gasto terríbel.

¿A qué anos empezaches a namorarte da música clásica?

Penso que cando comecei a facer o grao medio no conservatorio e asistir a cursiños de verán, andaría polos 15 anos daquela.

Que é o que che atrae da música clásica? Onde aprecias que a música clásica é máis especial que calquera outra para ser interpretada?

É unha música cunha capacidade de expresión moi grande, cunha morea de posibilidades para poder crear contrastes e sensacións ou atmosferas moi concretas.

Cal é o autor que máis che gusta interpretar? Por que?

Gústame moito algúns como Mahler ou Strauss polo expresividade e sensibilidade da súa música pero tamén outros como Ravel ou Debussy polo colorido dos sons que crean.

Fálanos do instrumento que tocas Cal é? Por que che gusta?

O meu instrumento é o clarinete, da familia do vento madeira. Ten unha variedade de recursos extraordinaria pero o que máis agradezo de tocar este instrumento é que me ofrece a posibilidade de tocar incriblemente piano (suave), case inaudible.

Algunha vez pensaches en compoñer a túa propia música? Tentáchelo?

A verdade non é algo que me chamara demasiado a atención ata o momento.

Que mensaxe lle enviarías a outros mozos novos para que escoiten máis música clásica e, sobre todo, que vaian vervos aos concertos que organiza Peregrinos Musicais?

Que lle dean unha oportunidade e que abran as fronteiras da súa mente, se nunca asistiron a un concerto de música clásica é unha experiencia máis a ter na vida.

Para os mozos que vos están coñecendo agora e poden estar a pensar en ser músicos como ti Merece a pena dedicar o tempo á música clásica?

Unhas veces máis que outras. Hai momentos máxicos e indescriptibles a nivel emocional, cun sentimento de conexión con outra xente que non poderías vivir de ningún outro xeito. O problema é que se paga a un prezo altísimo: moita presión, constancia, frustación e estrés.

Que é o que esperas deste Festival despois de ser seleccionado e participando nos seus concertos? Que importancia lie das?

A verdade que é algo do que teño moitísimas ganas, marchei para Amsterdam hai xa tres anos e levo moito tempo coa conta pendente de querer tocar en Galiza diante de xente coñecida que non me viu aínda nunca en concerto.

Se imaxinas a túa vida como músico…, que ves ou como cha imaxinas? Gustaríache ser un famoso compositor ou instrumentista?

Paso a paso… e non sei cara onde vai o meu camiño nin onde rematará ou onde quero que remate.

Gústache interpretar pezas de famosos autores ou che gustan máis innovar e probar cousas novas ou darlle o teu propio estilo ás interpretacións?

Ser famoso éme indiferente, o obxectivo sería máis ben sentirme realizado.

Cal é o seguinte paso na túa carreira musical?

Sobre o repertorio: toco de todo, dende as obras máis típicas ata outras que apenas xente coñece. Sobre a interpretación: unha cousa non quita a outra, sempre toco como eu o sinto ou o atopo natural, iso implica que nas miñas interpretacións sempre vai haber un toque persoal.