Un recital de piano interpretado polo primeiro premio do último concurso internacional Liszt, sexto concerto en Santiago de Peregrinos Musicais

  • O pianista Alexander Ullman, é o laureado desta IX edición do festival de música clásica, que actuará mañá ás 20:30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela
  • Alexander Ullman, británico de 29 anos, é un pianista que sobresae polo seu virtuosismo e foi o gañador do último concurso Liszt   
  • Na xornada de mañá oos solistas de Peregrinos Musicais actúan no Auditorio de Nigrán, completando a minixira do Festival fóra da capital de Galicia

 

Peregrinos Musicais volve presentar unha dobre oferta musical por terceira vez nesta edición. Por unha banda, na capital galega ofrécese un recital de piano e, por outro, complétase e termina a minixira fóra de Santiago de Compostela cun novo concerto que se poderá presenciar no Auditorio de Nigrán e que será interpretado polos músicos solistas seleccionados para tocar nesta edición.

O primeiro dos concertos, o de Santiago, terá lugar no Teatro Principal ás 20:30 horas. Os espectadores que desexen acudir a este espectáculo poderán gozar dun recital interpretado exclusivamente por un pianista, que chega a Galicia procedente do Reino Unido sendo un dos mellores pianistas do mundo coa súa idade. Trátase do británico Alexander Ullman, un pianista que alcanzou un importante grao de maduración como solista. A súa clase e o seu virtuosismo foron recoñecidos en 2017 ao ser o gañador do primeiro premio do Concurso Liszt, unha das mellores competencias que existen no mundo para pianistas, o que fala da excelente calidade deste músico.

Este é un concerto moi diferente a todos os anteriores, porque todo o protagonismo está reservado para un único instrumento. O público gozará dun recital de piano co que poderá repasar a música romántica de Shubber- Liszt, pensada para ser música de salón escrita e pensada exclusivamente para este instrumento. Entre as diferentes obras que se van a interpretar hai unha Sonata de Chopin N. 2, que inclúe unha marcha fúnebre, moi popular para o gran público.

Na tempada 2018/2019, Alexander Ullman debutou coa Orquestra Sinfónica Estatal de Moscova (Pavel Kogan), a Orquestra NCPA de Pequín (Markus Stenz) e a Orquestra Sinfónica de Barcelona. Nos seus proxectos de música de cámara inclúese unha xira co violinista Barnabas Kelemen e o seu debut no Festival de Música de Cámara de Montreal. Na primavera de 2019, Rubicon lanzou o seu primeiro álbum, que incluía a Suite “O crebanoces” de Tchaikovsky, seis pezas de “A Cincenta” de Prokofiev, así como “Petrushka” e “O paxaro de lume” de Stravinsky.

Tras erixirse como gañador do Concurso Internacional de Piano “Franz Liszt” en 2017 en Utrecht, Alexander Ullman actuou coa Orquestra de Philadelphia, a Royal Philharmonic Orchestra, a Orquestra Filarmónica de Radio Holanda, a Orquestra de Radio Noruega, a Filarmónica de San Petersburgo, a Orquestra de Radio Budapest, e a Orquestra Sinfónica de Corea, así como as sinfónicas de Nova Jersey, Fort Worth e Montreal, traballando cos directores tales Vladimir Ashkenazy, Giancarlo Guerrero, Miguel Harth- Bedoya, Valentin Uryupin e Markus Stenz.

Os seus próximos plans musicais pasan por varias xiras internacionais que inclúen concertos en China, Xapón e América do Norte, previstos para o ano 2020.

Alexander Ullman chamou a atención no panorama internacional no ano 2011, tras gañar o Concurso Internacional de Piano “Franz Liszt” en Budapest. Nacido en Londres en 1991, estudou na “Purcell School”, o “Curtis Institute” e o “Royal College of Music”, completando a súa titulación (Artist Diploma) e sendo galardoado coa bolsa de piano “ Benjamin Britten”, outorgada pola Fundación “ Philip Loubser”. Entre os seus profesores contou con William Fong, Leon Fleisher, Ignat Solzhenitsyn, Robert McDonald, Dmitri Alexeev, Ian Jones and Elisso Virsaladze.

 

 

DATOS DO CONCERTO DE Santiago

ONDE É: TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO

CANDO: MARTES, 2 DE XULLO

A QUE HORA: AS 20:30 h.

ENTRADAS: PLATAFORMA TICKETEA 

PREZO: 9 euros público en xeral / 7 € con desconto

 

 

PROGRAMA DO CONCERTO

Recital de piano. Gañador do Primeiro Premio 11º Concurso Liszt

Alexander Ullman, piano

Joseph Haydn: Andante con variacións en fa menor Hob. XVll/6

Ludwig van Beethoven: Sonata en fa menor op. 57 «Appassionata»

 

– Pausa –

 

Franz Liszt: Ellens dritter Gesang S 558/12 (Ave Maria) 

(Bearbeitung für Klavier nach Franz Schubert  D 839)

Franz Liszt: In der Ferne S 560/6 

(Bearbeitung für klavier nach Franz Schubert D 957/6)

Franz Liszt: Der Wanderer S 558/11 

(Bearbeitung für Klavier nach Franz Schubert D 649)

Franz Liszt: Die Forelle S 563/6 (Erste Fassung)

(Bearbeitung für Klavier nach Franz Schubert D 550)

Frederic Chopin: Sonata en fa menor op. 35

 

 

Á mesma hora, ás 20:30, pero en Nigrán, os novos artistas de Peregrinos Musicais 2019 terán unha nova oportunidade para contactar co público e mostrar o seu talento e virtuosismo.

Nun concerto similar en canto a fondo e forma, os novos mozos prodixio da IX edición de Peregrinos Musicais interpretarán varias obras que repasarán as mellores épocas da música clásica. 

Como en Sanxenxo, no Auditorio de Nigrán, actuarán os siguientes intérpretes:

Artei Theotonio Caride, de 17 anos natural de Ourense. Tocará o cello.

Buruktawit Martins González, de 14 anos, de A Coruña. Violinista.

Erik Mirzoyan, de 16 anos, procedente de Rusia. Clarinetista

Elena Rodríguez Oubiña, de 17 anos, natural de Vilagarcía. Violinista.

Elijah Orlenko, de 14 anos, procede de Canadá. Pianista.

Thomas Prchal, de 14 anos, natural de Holanda. Toca o cello.

Abi Smeu, de 17 anos, residente en Sigüeiro. Violinista.

Jorge Denis Santomán, ten 19 anos e natural de Nigrán. Toca a marimba.

María Giraldes López, de 22 anos, de Lugo. Clarinetista.

Artur Krischyan, de 14 anos e toca o violín.

 

 

DATOS DO CONCERTO EN NIGRÁN

ONDE É: AUDITORIO DE NIGRÁN

CANDO: 2 DE XULLO

A QUE HORA: ÁS 20:30 h.

ENTRADAS: PLATAFORMA TICKETEA

O programa co que actuarán é o siguiente:

PROGRAMA DO CONCERTO

“Concerto de Xoves Talentos” 

C. Saint-Saëns. Concerto Nº 1 para cello (1º mov.)

Interpretado por Artei Theotonio Caride, cello

 

L. van Beethoven. Sonata Nº 5 (1º mov.)

Interpretado por Buruktawit Martíns González, violín

 

A. Schreiner. Immer Kleiner

A. Piazzolla. Oblivion

Interpretado por Erik Mirzoyan, clarinete

 

F. Mendelssohn. Concerto Op. 64 (1º mov.)

Interpretado por Elena Rodríguez Oubiña, violín

 

F. Chopin. Polonesa en fa sostenido menor

Interpretado por Elijah Orlenko, piano

 

– Pausa –

 

T. Prchal. Pequena fantasía

G. Cassadó. Danza do diaño verde

Interpretado por Thomas Prchal, cello

 

E. Chausson. Poema Op. 25

Interpretado por Abi Smeu, violín

A.Piazzola / E. Sammut. Variacións sobre o Libertango

T. Muramatsu. «Land»

Interpretado por Jorge Denis Sanromán, marimba

 

C. Debussy. Primeira Rapsodia

Interpretado por María Giraldes López, clarinete

 

P. Sarasate. Fantasía sobre o Fausto de Gounod Op.13

Interpretado por Artur Krischyan, violín