Elena Rodríguez Oubiña ten “devoción” polo violín desde os doce anos

Elena Rodríguez Oubiña ten 17 anos. É natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e toca o violín. Estudou música na súa vila natal, no  CMUS de Vilagarcía de Arousa, e tamén no Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela. Pablo Vidal e  Gregori  Nedobora foron os encargados de ensinarlle todo o que sabe sobre o violín.

Que significa a música clásica para ti?

Un medio polo que expresarme como intérprete e co que me identifico xa que foi o primeiro co que tiven maior contacto  cando nacín.

Quen che ensinou a ver algo diferente na música clásica ou fuches ti só o que descubriches a música clásica como algo especial?

Na miña traxectoria foi a influencia de moitas persoas e cousas que me foron dando pistas para cambiar e mesmo destruír e construír de novo o que é hoxe a miña concepción  sobre a música.

A que anos empezaches a namorarte da música clásica?

Supoño que cando tiven maior devoción polo meu instrumento, a partir dos once ou doce, xa que as materias teóricas comezaron a profundar máis sobre o que a min gustábame desde antes para entender de verdade o que tocaba para darlle o sentido e a expresión que quería.

Que influencia tiveron os teus pais para que vexas na música un camiño profesional como músico?

Na decisión de dedicarme dese xeito non, fun eu, pero eles ensináronmo, apoiáronme dándome a posibilidade, guiáronme, e fixéronme forte.

Que é o que che atrae da música clásica? Onde aprecias que a música clásica é máis especial que calquera outra para ser interpretada?

Como non podo dicir ¨todo¨, é a súa historia, porque admiro a cantidade de transformacións que houbo e a cantidade de interpretacións.

Para o meu é moi especial, aínda que moitas persoas non entendan o por que.

Cal é o autor que máis che gusta interpretar? Por que?

Non teño preferencia, gústame poder tocar o que compuxeron e entendelo. Cada un achégame a pedra que teño que traballar, aínda que cada un esíxeme un estilo, unha técnica e un acabado diferente.

Fálanos do instrumento que tocas. Cal é? Por que che gusta?

É o violín e gústame que me guste como instrumento para expresar a miña música, a miña arte.

Algunha vez pensaches en compoñer a túa propia música? Tentáchelo?

Si, e si o tentei. É unha experiencia nova.

Que mensaxe lle enviarías a outros mozos novos para que escoiten máis música clásica e, sobre todo, que vaian vervos aos concertos que organiza Peregrinos Musicais?

Que o que escoiten é verdadeiramente bonito polo gran proceso de maduración do intérprete e  polo directo. Un momento máxico no que se xuntan as conciencias e as almas de cada presente.

Para os mozos que vos está coñecendo agora e poden estar a pensar en ser músicos como ti, merece a pena dedicar o tempo á música clásica?

A música dá cabida a moitos ensinos e no seu mundo atópasche a moitas persoas e moitas experiencias.

Que é o que esperas deste Festival despois de ser seleccionado e participando nos seus concertos? Que importancia lle das?

Unha gran experiencia.

Se imaxinas a túa vida como músico…, que ves ou como cha imaxinas?

Gozando do que fago plenamente.

Gustaríache ser un famoso compositor ou  instrumentista?

Si, porque chegaría a máis persoas.

Gústache interpretar pezas de famosos autores ou che gustan máis innovar e probar cousas novas ou darlle o teu propio estilo ás interpretacións?

As tres.

Cal é o seguinte paso na túa carreira musical?

Entrar nunha universidade.