O Teatro Principal acolle o arranque do IX Festival Peregrinos musicais con once novos solistas virtuosos

  • O concerto inaugural comezará ás 20:30 e servirá para presentar aos músicos seleccionados no mes de abril para esta nova edición
  • As entradas pódense adquirir en Ticketea ao prezo de 9 € para o público en xeral. Terán un prezo reducido de 7 € os xubilados, estudantes e parados, así como os menores de 14 anos ata os 7. 

Este venres, 28 de xuño, a partir das 20:30 horas volve soar na capital de Galicia o festival de música clásica Peregrinos Musicais, que camiña pola súa novena edición, co aval de ser un gran certame de música adicado a promocionar o talento de novos músicos clásicos. 

O Festival comeza no Teatro Principal nunha gala inaugural na que o público terá unha primeira toma de contacto coa maioría dos mozos solistas que conseguiron a súa participación nesta IX edición e terán a oportunidade de poder confirmar a súa opinión seguindo a estes brillantes artistas nos concertos que van ofrecer en Santiago durante o Festival.

Ó acto van acudir o Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, que van selos encargados de dar comezo, oficialmente, ao IX Festival. 

Para o concerto inaugural o público, que aínda non adquirise as entradas, pode mercalas sen necesidade de esperar á última hora ou pode conseguir a súa entrada no despacho de billetes do Teatro Principal o propio día. Na páxina web de Peregrinos atoparán os enlaces ós concertos. Para facelo de xeito anticipado, pode retiralas través da páxina web Ticketea. Os máis tradicionais e clásicos atoparanse abertas os despachos de billetes do Teatro Principal a partir das 18:00 e ata as 20:30 horas. Para os que non retirasen as entradas antes do 25 de xuño, de forma anticipada, as entradas terán un custo de 9 €. Os menores de sete anos poderán acceder gratuítamente se van acompañados dun adulto. Os xubilados, estudantes, parados e menores de 14 anos ata os 7 anos pagan un prezo reducido de 7 €, ó ter desconto. 

Dos quince solistas seleccionados nesta ocasión para representar a Peregrinos Musicais, once farán a súa estrea neste primeiro concerto. Concretamente, serán presentados os seis intérpretes estranxeiros, dos que catro son rusos, un é holandés e outro é canadense. Entre os galegos, que actuarán neste primeiro concerto, subirán ao escenario cinco dos nove participantes deste ano. 

A importancia da organización deste concerto e a participación destes novos intérpretes radica no seu altísimo nivel de preparación, que finalmente fixo posible que fosen seleccionados despois dunhas esixentes probas de competencia que foron supervisadas por un grupo de profesionais da música clásica cos que contou a Asociación Peregrinos Musicais, para a organización e preparación deste evento xa consolidado na programación musical na capital de Galicia. Algúns dos participantes, ademais, xa foron gañadores en concursos de talento musical, polo que se pode considerar que os músicos que forman parte do cartel do Festival son, verdadeiramente, prodixios dentro da música clásica. Para a organización do Festival é un orgullo contar con estes mozos e gozar da súa música e a súa habilidade como intérpretes, xa sexa como solistas, formando pequenos grupos de cámara ou tocando nunha gran orquestra, como o será o caso do último concerto do Festival coa Real Filharmonía de Galicia no Auditorio o vindeiro 3 de xullo. 

De todos os xeitos, é moi importante lembrar que os músicos neste Festival non compiten entre eles xa que non é un concurso. Por tanto, esta é unha excelente ocasión para escoitar o talento destes músicos que destacan polo seu potencial, moi alto, e porque á vez é un vehículo de promoción de novos talentos.

Aínda que de momento pódese considerar que a historia de Peregrinos Musicais é curta, si é relevante poder destacar que os alguns dos músicos que teñen participado en Peregrinos Musicais xa gozan de carreiras profesionais importantes e, por exemplo, xa se converteron en solistas que están a actuar en salas con audiencias de 2.000 persoas, ou son solistas que participaron en producións de óperas, ou son solistas que comezan a ser aclamados a nivel internacional. Un deles, recentemente, gañou un concurso cuxo premio estaba dotado cun premio económico de 75.000 euros e un contrato para realizar concertos durante varios anos. 

Por iso, este é un bo momento para acudir ás audicións destes concertos, que realmente son moi especiais, e é unha oportunidade para presenciar o nacemento de novas estrelas brillantes para o mundo da música clásica.   

O concerto desta primeira noite deste novo ciclo de Peregrinos Musicais incluirá unha peza interpretada polo chelista ourensán Artei  Theotonio Caride, coa que comezará a actuación. Tamén contará durante o programa co holandés Thomas Prchal, que tamén interpretará co cello a súa propia composición. Escoitaranse outras composicións interpretadas co clarinete por Erik Mirzoyan, que xa acudiu na edición de 2016, e a sadense María Giraldes; o violín da coruñesa, nacida en Etiopía, Buruktawit Martíns González, o de Elena Rodríguez Oubiña, de  Vilgarcía, e o do mozo ruso Artur Krischyan. Tamén se poderá oír unha peza especial a través do  xilófono de  Aksinya Shuplyakova; a súa irmá,  Efrosinia Shuplyakova, debutará no Festival co peculiar son da súa arpa. Tamén haberá un intérprete de piano, a cargo do mozo ruso Elijah  Orlenko. En percusión, tamén haberá representación galega coa  marimba de Jorge Denis  Sanromán.

 

 

PROGRAMA DEL CONCIERTO

F. Francoeur. Sonata en Mi Maior I. Adagio II. Aria, gracioso
Interpretado por Artei Theotonio Caride, cello (Ourense, 17 anos)

A. Piazzolla. “Oblivion”
Interpretado por Erik Mirzoyan, clarinete (Moscú, 16 anos)

H. Wieniavski. Polonesa Brillante en Re maior, op. 4
Interpretado por Buruktawit Martíns González, violín (Addis Abeba, 14 anos)

A. Khachaturyan. Baile do sable e Lezginka
Interpretado por Aksinya Shuplyakova, xilófono (San Petersburgo, 10 anos)

L. van Beethoven. Sonata Nº 1, 1º mov.
Interpretado por Elena Rodríguez Oubiña, violín (San Petersburgo, 12 anos)

A. Scriabin. Estudio op. 8 Nº 12
A. Scriabin. Estudio op. 2 Nº 1
Interpretado por Elijah Orlenko, piano (Vancouver, 14 anos)

G. Cassadó. Danza do diablo verde
Interpretado por Thomas Prchal, cello (Holanda, 14 anos)

B. Kovacs. Homenaxe a Zoltan Kodaly
Interpretado por María Giraldes López, clarinete (Sada, 22 anos)

A. H. Zabel. A fonte
Interpretado por Efrosinia Shuplyakova, arpa (San Petersburgo, 12 anos)

T. Muramatsu. «Land»
Eric Sammut. Variacións sobre o Libertango de A. Piazzolla
Interpretado por Jorge Denis Sanromán, marimba (Priegue, 19 anos)

A. Glazunov. «Meditación» do ballet «Raymonda»
D. Williams. As Bruxas de Eastwick ‘A Danza do Diablo’
Interpretado por Artur Krischyan, violín (Moscú, 14 anos)

Por último, lémbrase que o Festival Peregrinos Musicais recibe o apoio da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría  Xeral de Cultura, concello de Santiago, Consorcio de Santiago, Deputación de Pontevedra, Deputación da Coruña, Estrela Galicia e a Real  Filharmonía de Galicia, entre otros.