Buruktawit Martins, unha estrela que brilla con luz propia desde nena

Buruktawit Martins González ten 14 anos. Naceu en Adis Abeba (Etiopía) e vive na Coruña. Toca o violín, a guitarra e tamén o piano. Na EAEM de Santiago realizou varios cursos e agora está a estudar 5º de grao profesional no conservatorio da Coruña. Compaxina os seus estudos musicais co Centro de Alto Rendemento Fatkulin Academy en Madrid. Os seus profesores foron os seguintes: de violín, que é o seu instrumento principal, tivo varios profesores como Adrián Linares, Anca Smeu, David Veiga ou Ludwing Dürichen, entre outros. Actualmente, estuda con Javier Cedrón na Coruña e con Sergey e Savva Fatkulin en Madrid. En canto á guitarra, o seu profesor sempre foi Mateo Arnáiz.

Que significa a música clásica para ti?

Nestes momentos é o meu día a día. Rodéame constantemente xa sexa ensaiando, escoitándoa , actuando ou aprendendo sobre ela nas miñas clases do conservatorio

Quen che ensinou a ver algo diferente na música clásica, ou fuches ti só o que descubriches a música clásica como algo especial?

Non sei exactamente en que momento… é algo que estivo presente sen darme conta na miña día a día… cando estaba por casa ou no coche e escoitábaa, incluso os xoguetes infantís a maioría é a música que teñen. Pero onde creo que empecei a namorarme dela foi nos concertos da fin de semana da Sinfónica de Galicia.

Que influencia tiveron os teus pais para que vexas na música un camiño profesional como músico?

Os meus pais non son músicos pero como eu desde pequena souben que me quería dedicar a isto, apoiáronme desde o minuto 0. Ultimamente, si que me asesoraron á hora dos estudos musicais.

Que é o que che atrae da música clásica? Onde aprecias que a música clásica é máis especial que calquera outra para ser interpretada?

A súa beleza e a variedade de sensacións e emocións que podes transmitir con ela. Ademais, outros tipos de música tamén me gustan, pero quizais máis para escoitalos ou bailalos. Pero á hora de interpretar creo que a clásica me permite transmitir sentimentos infinitos.

Cal é o autor que máis che gusta interpretar? Por que?

Non hai ningún en concreto porque ata agora o meu repertorio foi variado respecto a os compositores. Si interpretei moitas obras de estilo romántico. E actualmente moitas obras de Paganini. De todo o que interpretei quizais o que máis me gustou sexa o Concerto nº2 de Mendelsshon no meu menor.

Fálanos do instrumento que tocas Cal é? Por que che gusta?

Aínda que tamén toco a guitarra, o instrumento no que me quero centrar é o violín. Encántame os seus contrastes entre graves e agudos e a sonoridad do instrumento en xeral. Cada día é un reto descubrir as súas posibilidades e as súas infinitas cores.

Algunha vez pensaches en compoñer a túa propia música? Tentáchelo?

Nin o pensei nin o tentei. Nestes momentos non é unha parte da miña formación

que me atraia demasiado e encima… creo que se me daría bastante mal.

Que mensaxe lle enviarías a outros mozos novos para que escoiten máis música clásica e, sobre todo, que vaian vervos aos concertos que organiza Peregrinos Musicais?

Que se cadra poden crer que non lles gusta pero que se se pairan a pensar seguramente moita música que lles encanta que escoitaron en anuncios, en xoguetes, en películas etc…. son obras clásicas ou derivan da música clásica. Así que…. por que non probar a vir escoitala en directo?

Para os mozos que vos están coñecendo agora e poden estar a pensar en ser músicos como ti Merece a pena dedicar o tempo á música clásica?

Eu téñoo clarísimo!!! Claro que merece a pena!!. Pero se lle fas esta pregunta aos meus pais… non se se che contestarían o mesmo,jajaja.

Que é o que esperas deste Festival despois de ser seleccionado e participando nos seus concertos? Que importancia lie das?

Facíame moitísima ilusión participar porque a parte de que me gusta tocar nos distintos concertos , encántame a idea de coñecer outros estudantes de música doutros países.

Se imaxinas a túa vida como músico…, que ves ou como cha imaxinas? Gustaríache ser un famoso compositor ou instrumentista?

Viaxando. Encantaríame poder chegar a ser solista e tamén me imaxino tocando nalgún grupo de cámara. Sei que chegar a ter unha carreira como solista é moi difícil pero…quero formarme para, polo menos ter ese nivel tocando. Encantaríame chegar a ser unha moi boa violinista.

Gústache interpretar pezas de famosos autores ou che gustan máis innovar e probar cousas novas ou darlle o teu propio estilo ás interpretacións?

Gústame interpretar tentando respectar o que quería o compositor. Aínda que todos interprételos adoitan ter algo que os define e identifica.

Cal é o seguinte paso na túa carreira musical?

O próximo curso acabarei o conservatorio profesional e seguirei formándome cos meus profes e estudando o máis que poida uns anos antes de decidir que camiño seguir co instrumento e onde ou de quen quero recibir clases tamén.