Artei Theotonio Caride, cellista, atopou na música a súa mellor forma de expresión

Artei  Theotonio Caride ten 17 anos. toca o cello.  Vice en Ourense, a súa cidade natal. Estudou música no  CMUS Profesional de Ourense. Os profesores que formaron a este novo intérprete foron José Benito Torres e Bárbara  Switalska. 

Que é a música clásica para ti?

É osíxeno, algo imprescindible para vivir.

Quen che ensinou a ver algo diferente na música clásica ou fuches ti só o que descubriches a música clásica como algo especial? 

Foi un camiño que percorrín á vez que ía crecendo, ao principio foi o meu profesor Pepe quen  me introduciu na  música e faloume dela como un mundo marabilloso e por descubrir…

Logo, atopei na música a miña mellor forma de expresión.

A que anos empezaches a namorarche da música clásica?

Non foi repentino. A miña casa sempre foi un fogar musical. Foi algo progresivo. Todas as experiencias e persoas relacionadas coa música contribuíron a que me fose namorando dela.

Que influencia tiveron os teus pais para que vexas na música un camiño profesional como músico?

A pesar de que non son músicos,  leváronme ao conservatorio porque valoran a música como algo moi necesario para a formación dunha persoa.

Logo apoiáronme moral e economicamente vendo que atopara a miña vocación.

Que é o que che atrae da música clásica? Onde aprecias que a música clásica é máis

especial que calquera outra para ser interpretada?

A música clásica é unha linguaxe universal  e  necesita sensibilidade para comprendela, afecta directamente as emocións.

Na música clásica, o intérprete xoga un papel fundamental, debe transmitir a obra desde o compositor ata o público. Non pode ser neutral.

Cal é o autor que máis che gusta interpretar? Por que?

Hai moitos, con respecto ao repertorio  cellístico   Bach sería o meu referente. A súa música é incrible, non hai outra igual.

Fálanos do instrumento que tocas. Cal é? Por que che gusta?

Toco o  violoncello. O seu son é moi especial, é similar ao da voz humana. O cello chora, ri e ás veces ata se enfada… É como unha persoa coa que me teño que  entender a diario e da que aprendo algo novo cada día.

Algunha vez pensaches en compoñer a túa propia música? Tentáchelo?

Si, claro que o tentei, creo que é  imprescindible que todos os músicos plasmen as súas ideas nun papel.

Que mensaxe lle enviarías a outros mozos novos para que escoiten máis música clásica e, sobre todo, que vaian vervos aos concertos que organiza Peregrinos Musicais?

Diríalles que non se deixasen levar polos estereotipos, que a todo o mundo gústalle a música clásica, só que aínda non o descubriron.

Para os mozos que vos está coñecendo agora e poden estar a pensar en ser músicos como ti. Merece a pena dedicar o tempo á música clásica?

É certo que é unha profesión moi sacrificada aínda que, tanto se te achegas a ela como  amateur ou como un profesional nunca che defraudará.

Que é o que esperas deste Festival despois de ser seleccionado e participando nos seus concertos? Que importancia lle das?

Primeiro, é unha  honra que conten comigo para este Festival, onde me dan a oportunidade de achegar a música á xente de todas as idades e  tocar en lugares  emblemáticos.

E en segundo lugar, un músico débese ao seu música pero toda música necesita unha audiencia que a aprecie. É algo fundamental tocar para un público.

Se imaxinas a túa vida como músico…, que ves ou como cha imaxinas?

Poden pasar moitas cousas, aínda que á miña idade  creo  que non é malo ter  grandes aspiracións, e soñar con importantes logros.

Gustaríache ser un famoso compositor ou  instrumentista?

Por que non?

Gústache interpretar pezas de famosos compositores ou che gusta máis innovar e probar cousas novas  dándolle o teu propio estilo ás interpretacións?

Creo que neste momento, no que me estou aínda formando, é importante que aprenda dos grandes compositores e trate de adecuarme ao estilo de cada época. De todas as maneiras, cada un ten o seu propio estilo interpretativo.

Tamén me resulta moi atractivo tocar obras de compositores  pouco coñecidos dos que non adoitan existir versións. Tes que seguir a túa propia intuición musical, é como descubrir un pequeno tesouro.

Cal é o seguinte paso na túa carreira musical?

O meu seguinte paso é seguir  formándoe nunha universidade cun bo profesor que me axude a desenvolverme como  cellista e como músico.