Aksinya Shuplyakova decántase pola percusión porque é ruidosa, sonora e audible

Aksinya  Shuplyakova chega ao IX Festival Peregrinos Musicais con tan só 10 anos. Naceu en San Petersburgo o 23 de xuño de 2009, polo que chegará cos seus dez aniños recentemente cumpridos. Vive coa súa irmá,  arpista, e a súa nai,  flautista profesional, en San Petersburgo.  Aksinya toca instrumentos de percusión, como o  xilófono. Estuda na escola secundaria especial de música do Conservatorio de San Petersburgo, que leva o nome de  Nikolai  Andreyevich  Rimsky- Korsakov. O seu profesor é Alexander  Adolfovich  Petrov.

Que significa a música clásica para ti?

Música clásica 🎵 para min é onde eu quero “entrar” e non abandonala xamáis, ata o final da miña vida.

Por que che gusta a música clásica?

A música clásica é como algo especial. Grazas a ela descubrinme a min mesma. Pero os meus queridos pais tamén me axudaron a iso.

A que anos empezaches a namorarche da música clásica?

Empezoume a gustar a música clásica 🎵 aos 5 anos

Quen che ensinou a ver algo diferente na música clásica ou fuches ti só o que descubriches a música clásica como algo especial?

Os meus pais son músicos e tamén decidín probar. O que me conecta coa música clásica é o meu traballo no coro infantil do Teatro  Mariinsky.

Cal é o autor que máis che gusta interpretar?

Mussorgsky, Puccini,  Verdi.

Fálanos do instrumento que tocas. Cal é? Por que che gusta?

Nos instrumentos de percusión gústame o feito de que son ruidosos,  sonora e  audibles.

Algunha vez pensaches en compoñer a túa propia música? Tentáchelo?

Si, tenteino e realmente quero escribir a miña obra.

Que mensaxe queres dar ao público para que vaian vervos ao Festival?

Que veña porque haberá boa música 🎵, compositores diferentes. Si, aconséllolles que veñan. Ademais, eu espero divertirme tocando alí.

Se imaxinas a túa vida como músico…, que ves ou como cha imaxinas?

Imaxínoma traballando no Teatro  Mariinsky e tocando un instrumento de percusión.