Abi Smeu chega ao Festival Peregrinos Musicais có seu inseparable violín

Abi Smeu ten 17 anos. É un músico nado en Santiago de Compostela, aínda que agora vive en Sigüeiro (Oroso). Acode a este festival co seu inseparable violín. A súa formación musical ha transcorrido entre a Escola de Altos Estudos Musicais e o Hochschule für Musik Saar (Alemaña), destacando como profesor na parte de violín a Grigori Nedobora.

Que significa a música clásica para ti?

A música clásica é o centro da miña vida e é igual de importante que poder respirar, por exemplo…

Quen che ensinou a ver algo diferente na música clásica, ou fuches ti só o que descubriches a música clásica como algo especial?

Todos os meus mestres axudáronme a comprender realmente o que é a música clásica e darme de conta que sen a música clásica a humanidade sería moito máis pobre.

A que anos empezaches a namorarte da música clásica?

Con 14 anos xa fun consciente de que ía ser parte de min ao longo de toda a miña vida

Que influencia tiveron os teus pais para que vexas na música un camiño profesional como

músico?

Axudáronme e guiado moitísimo e abríronme sempre o camiño, para saber por onde ir.

Que é o que che atrae da música clásica? Onde aprecias que a música clásica é máis especial que calquera outra para ser interpretada?

A música clásica, aínda chea de rigor na súa construción e composición harmónica é, paradoxalmente, moi aberta a distintas interpretacións e cada un pódese manifestar conforme á súa propia personalidade, sen medo a equivocarse. Hai que tomar riscos e a poñer a pegada dun na música que estás a interpretar, senón isto sería moi aburrido.

Cal é o autor que máis che gusta interpretar? Por que?

É imposible nomear soamente un. Bach, Mozart, Shostakovich, Stravinski, Franck, Debussy, Shubert, Brahms… Cada un deles achégame sensacións ou emocións distintas e indispensables para min.

Fálanos do instrumento que tocas. Cal é? Por que che gusta?

O violín – o rei dos instrumentos – encántame pola súa riqueza de cores, polo ámbito

tan grande que abarca, e polo vasto repertorio composto para el.

Algunha vez pensaches en compoñer a túa propia música? Tentáchelo?

Non.

Que mensaxe enviaríaslle a outros mozos novos para que escoiten máis música clásica e, sobre todo, que vaian vervos aos concertos que organiza Peregrinos Musicais?

Explicaríalles que a música clásica, pode gustar a todo o mundo, se non a escoita sen prexuízos e ten a intelixencia de deixarse conquistar. Soamente hai que deixarse levar.

Para os mozos que vos están coñecendo agora e poden estar a pensar en ser músicos como ti, merece a pena dedicar o tempo á música clásica?

A música clásica é un dos grandes valores da humanidade e, abrigo hoxe en día, debido á revolución técnica e industrial, necesitamos a arte, en todas as súas formas, máis que nunca quizais.

Que é o que esperas deste Festival despois de ser seleccionado e participando nos seus concertos? Que importancia lie das?

Espero que o Festival Peregrinos Musicais poida chegar a cuantos máis novos e deixar pegada nas súas consciencias e a percepción da música clásica.

Se imaxinas a túa vida como músico…, que ves ou como cha imaxinas? Gustaríache ser un famoso compositor ou instrumentista?

Gustaríame ser un moi bo músico e un moi bo violinista e ter a oportunidade de tocar un violín extraordinario, como Stradivarius, por exemplo…

Gústache interpretar pezas de famosos autores ou che gustan máis innovar e probar cousas novas ou darlle o teu propio estilo ás interpretacións?

Gústame dar o meu propio estilo a pezas clásicas, xa consagradas e coñecidas; gústame primeiro aprender como se tocan, cal é a tradición, e logo esquecelo todo e manifestar a miña propia personalidade.

Cal é o seguinte paso na túa carreira musical?

Converterme en estudante na Hochschule für Musik Saar, Saarbrücken, Alemaña, clase

Prof. David Grimal